O Moraña déixase levar pola abulia. O seixo un equipo moi disciplinado, aproveitou o enésimo baixón morañes da tempada,  para sumar con merecemento un punto no Municipal de Valga, nun encontro no que calquera dos dous equipos puido levarse o gato á auga. O partido tivo un primeiro tempo no que o Moraña se mostrou un equipo moi temeroso e sen ideas fronte a un rival que sempre lle arrepor, pero tamén na segunda parte os morañeses se descompuxeron e permitiu que o Seixo crese nas súas posibilidades, dese un paso adiante e igualar un choque que tiña perdido. O adestrador morañés non tivo máis remedio que rescatar do banco a un lesionado Santi Paz, que a pesar da súa luxación de ombro, foi o auténtico revulsivo do equipo, para polo menos, salvar un punto.

Na foto Santi Paz, que a pesar de encontrarse lesionado con unha luxación de ombro tivo que saltar o campo é ser a figura do equipo.

ALIÑACIÓNS:

A.C.D. Moraña: Fernando; Yeyo, Juan(23′ Eloy), Fernando Nuñez, Fuentes (46′ Ventura); Nico, Sayáns, Celso, Oscar(40′ Santi Paz); Esteban e Vari . 

Seixo Rincón de Poty:Campo; SamJorge(37′ Portabales), Ferradás, Outerelo, Espiña; Pérz, Estevez, José Ramón Santomé; Pastoriza(46’Area), Sergio Santomé é Pouso

RADIOGRAFIA DO ENCONTRO:

Minuto 6′,- Xogada do Moraña, que remata cun tiro de Nico e o balón baixe alto.

Minuto 7′,-Remate de Vari que para o porteiro.

Minuto 11′,-(0-1),- GOOOOOOOL DO SEIXO,- Perda de balón en banda esquerda de Fuentes, internase Pouso e o seu centro o recolle Pastoriza que de tacón a cede a Santomé pra que remate a pracer.

Minuto 25′,-Centro novamente de Pouso e Santomé falla o remate cando estaba só ante Fernando.

Minuto 27′,-Pastoriza, ante a pasividad da defensa remata a porta facendo Fernando unha gran parada.

Minuto 37′,-(1-1),- GOOOOOL DO MORAÑA, Sayáns aproveita un gran pase de Celso, plántandose só diante do porteiro enviando o balón o fondo da porteria.

Minuto 40′,- Entra no campo Santi Paz, moi mermado fisicamente por unha luxación que está a padecer no ombro dereito.

Minuto 41′,- Gran xogada de Santi Paz, marchándose de todos os que lle saen o paso e cando esta só diante do porteiro cedelle o balón a Esteban pero adiantase por milimitros un defensa.

Minuto 43′,- Mal despexe de Nuñez e a piques estivo de rematar Santomé.

Minuto 48′,- Gran tiro de Pouso, respondendo Fernando con unha gran parada.

Minuto 50′,-(1-2),- Lanzamento de Pouso, toca na espalda de Sayáns e descoloca a Fernandoe entrando  na porteria.  

Minuto 64′,-(2-2),- GOOOOOOL DO MORAÑA, xogada de Santi Paz que e derrubado dentro da area, pitando penalti, o propi Santi Paz encargase de executar a pena máxima marcándo o segundo do Moraña.

Minuto 68,- (3-2),- ,- GOOOOOOL DO MORAÑA, Celso mete en profundidade  un balón para Santi Paz, que se marcha por velocidade dos contrarios, regatea o porteiro e marca un gran gol.
Minuto 73′,- Saque de falta de Celso é o porteiro envia a corner.
Minuto 80′,-(3-3),-GOOOOOL DO SEIXO, José Ramón Santomé mete un pase para Sergio Santomé que de tiro cruzado bate a Fernando.
ARBITRO: Axubioú o encontro o colexiado pontevedrés Isidro Aboal, facendo un gran arbitraxe, sin duda facilitada pola tremenda deportividade mostrada  por os dous equipos. Loxicamente non tivo que mostrar tarxetas.
INCIDENCIAS: Partido xogado no Municipal de Valga nunha tarde fria e con choivas intermitentes. Por decisión técnica non xogaron Vicente é Rúa, Pedro por lesión é Viki marchouse pra o vestiario no minuto 60′  mosqueado porque o adestrador inda non lle había dado minutos. Despois do encontro os xogadores morañeses tomaron un pincho na cafeteria do campo.
DESTACADOS: Por o Moraña, o gardameta Fernando, Sayáns,  o pundonar de Juan que a pesar de sufrir unha contractura durante o encontro, siguiu estoicamente no campo é,  sobre todos  SANTI PAZ,  que a pesar de encontrarse lesionado o adestrador pideulle que saltara o campo e foi o auténtico revulsivo do equipo, anotándo dous goles, tamen e digno de mencionar a uns dos capitans do equipo,  Ventura, realizando un partido extraordinario é, exemplo a seguir por o resto dos seus compañeiros, tanto dentro como fora dos terreos de xogo. Por o Seixo José Ramón Santomé, Pastoriza, Pouso e Sergio Santomé.
Compárteo!

Deixa un Comentario