MORAÑA E PONTECALDELAS,  OFRECERON ONTE UNHA BOA TARDE DE FUTBOL NO MUNICIPAL DE MIRALLOS,  CON MOITOS GOLES E ALGÚNS DE MOI BOA BELA FACTURA. O MISTER MORAÑÉS DE INICIO DEU ENTRADA NO ONCE TITULAR AOS QUE HABITUALMENTE EN LIGA NON GOZARON DOS SUFICIENTES MINUTOS É,  OS MORAÑESES COS DEBERES FEITOS, QUISERON PREMIAR A TODOS OS SEUS XOGADORES. POLA CONTRA O EQUIPO RIVAL O PONTECALDELAS QUE SE XOGABA NO INVITE NADA MÁIS E NADA MENOS O DESCENSO, POIS NON LLE VALIA OUTRO RESULTADO QUE NON FOSE A VITORIA É,  LOGO A ESPERAR QUE O AMAÑECER NON GAÑASE EN ARCADE, SALTOU AO TERREO DE XOGO CON TODA A SEU ARTILLERIA, XOGANDOSE A VIDA OS SEUS XOGADORES EN CADA XOGADA. OS DA TROITA CHEGARON AO DESCANSO CUN TRANQUILIZANTE 0-2, PERO TRAS O DESCANSO O MISTER MORAÑÉS DEU ENTRADA A TODOS OS SEUS XOGADORES TITULARES CHEGANDO A POÑER O MARCADOR NUN EMOCIONANTISIMO 3-3, DESNIVELANDO A CONTENDA O EQUIPO VISITANTE NUNHA CONTRA CANDO OS MORAÑESES ESTABAN  ACURRALANDO  NA SUA  AREA OS PONTECALDENSES. EN RESUMO,  BONITO ESPECTACULO VIVIDO NA TARDE DE ONTE CON FUTBOL DE MOITOS KILATES.

Na foto o gardameta morañés Fernando, uns dos destacados no partido de onte, con paradas de auténtico luxo.

ALIÑACIÓNS:

A.C.D. MORAÑA: Fernando; Ventura, Juan, Yeyo(46′ Santi Paz, 80’Yeyo ) Fuentes (25′ Nico); Eloy(46′ Fernando Núñez), Nico(14′ Rúa, 46′ Santiño), Mario Costas(80′ Rúa), Oscar; Velay(75′ Fuentes) é Rafa Sierra(46′ Esteban).

PONTECALDELAS., C.F.: Corbacho (46’Carballo); Mendez, Santos, Villanueva, Peón; Pazo, Pérez,  Diego; Barreiro, Soliño(23’Failde) é San Martín.

RADIOGRAFIA DO ENCONTRO:

Minuto 3′,- Remate de Soliño e paradón de Fernando.

Minuto 23′,-(0-1) GOOOOOOOOOOL DO PONTECALDELAS, saca unha falta o borde da area Diego e San  Martín libre de marca remata o fondo da rede.

Minuto 25′, O dianteiro do Pontecaldelas Diego, esta a piques de marcar, respondendo Fernando con unha boa parada.

Minuto 29′,-(0-2), GOOOOOOOOOOOL DO PONTECALDELAS,- xogada por banda de San Martin que saca un bonito centro e Pazó libre de marca, envía o esferico o fondo da porteria.

Minuto 34,- Mario Costas, vendo o porteiro adiantado lanza dende o centro do campo é co porteiro xa batido o balón peta no largueiro.

Minuto 37,- Bonita xogada trenzada por toda a dianteira do Pontecaldelas con remate final de Pazó, que Fernando envía a corner.

Minuto 40′,- Saque de esquina de Pérez con remate novamente de Pazó, respondendo fernando con unha gran parada.

Minuto 45′,- Contratempo para o Pontecaldelas, o bó porteiro Corbacho ten que ser sustituido por lesión.

Minuto 47′,-(1-2), GOOOOOOOOOOOOOOOOOOL DO MORAÑA, Oscar nunha gran xogada recorta distancias.

Minuto 56′.-(1-3), GOOOOOOOOOOL DO PONTECALDELAS, contragolpe levado por Pazó que tira rechazando Fernando é volve a rematar a porteria valeira.

Minuto 58′,- (2-3), GOOOOOOOOOOOL DO MORAÑA, Xogada de Santi Paz para Santiño que remata, rechaza o porteiro e novamente Santiño envía o fondo da rede.

Minuto 65′,- Nova xogada de Santi Paz para Santiño que tira e saca a defensa.

Minuto 75′,-(3-3),- GOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOL DO MORAÑA, gran xogada de Santi Paz con un gran disparo que bate o porteiro.

Minuto 80′,- Contratempo pra os morañeses, Santi Paz e sustituido por problemas musculares.

Minuto 85′,-(3-4)GOOOOOOOOL DO PONTECALDELAS, co Moraña totalmente volcado na porteria visitante, nun rapido contrataque dos visitantes,  levado como non, por o perigroso Pazó,  que marca o seu hack  trick, que lle vale o seu equipo a permanencia por un ano mais na división de honra.

ARBITRO: Axubioú o encontro o colexiado pontevedrés Sr. Rey Fierro, con un excelente arbitraxe, con  gran autoridade no terreo de xogo,  non tendo que mostrar tarxetas, dada a gran deportividade de ambos conxuntos.

INCIDENCIAS: Encontro xogado no Municipal de Mirallos, con unha temperatura moi agradable (22º), con un  terreo de xogo en excelentes condicións. Despois do encontro os xogadores morañeses é como xa vén sendo habitual,  xuntaronse no Mesón O Pouso é,   dedicaronlle un pequeno homenxe o vilanovés Esteban, como despedida de solteiro. Non faltaron as navallas e ameixas de Vilanova nin tampuco a rica carne de Moraña.

DESTACADOS: Por o Moraña, o gardameta Fernando e Mario Costas é, por o Pontecaldelas,  Pérez,  Diego é o seu goleador Pazó.

Compárteo!

Deixa un Comentario