Na foto Nico, autor do gol do triunfo na tarde de onte.

O Moraña Veteranos logrou imporse (2-1) ao Bar Compadre  nun partido no que o cadro local, firme  a sua convicción,  de que ten que deixar os postos de descenso, levando dous encontros consecutivos sumando   plenos. Os morañeses desde o principio foron a por a vitoria, pero a verdade e que enfrente encontrouse con un equipo moi aguerrido e moi ordenado dende a liña do medio campo para atrás. Os do carneiro dirixidos maxistralmente dende o centro do campo por incombustible Goran Djorovic, manexaron multiples opcións para poder perforar a meta rival, onde os atacantes locais Santiño e Santi Paz volveron a ser unha parexa  determinante, traendo  tolos os defensas visitantes, os cales tiveron que recurrir a un montón de artimañas antideportivas  para poder frenalos. Con esta vitoria os morañeses saen dos  postos de descenso é, con moita ilusión de cara o partido do próximo sábado na Estrada contra o Cillero. A nota negativa do encontro e que os dianteiros Santiño e Santi Paz, saliron con molestias musculares e son duda para o compremetido encontro do próximo sábado. 

ALIÑACIÓNS:

A.C.D. MORAÑA: Xabier Maté; Juan, Yeyo, Sayáns, Oscar (49′ Fuentes); Mario Costas, Goran Djorovic, Celso(60′ Esteban); Nico, Santi Paz e Santiño.  

BAR COMPADRE: Díaz; González, Castro, Fontán, Romero; Outón(43’García), Lores, Salgueiro; Couselo(30’Prieto), David(38’Lobato) e  Lima(46’Cacheda).

RADIOGRAFIA DO ENCONTRO:

Minuto 5′,- Goran Djorovic, fai un pase entre liñas a Santi Paz é este vaise por velocidade e ante a saida do porteiro faille unha vaselina e o balón sae fora por centimetros.

Minuto 18′,- (1-0).  GOOOOOL DO MORAÑA,  xogada para enmarcar, Santi Paz vaise de varios contrarios pasándolle o esférico a Nico e este pasa perfectamente a Santiño que de un gran disparo bate o bó gardameta Díaz, por a mesma escadra. 

Minuto 39′,- Gran tiro de Celso e o porteiro envía a córner.

Minuto 40′,- Gran tiro de Santi Paz, detendo o gardameta.

Minuto 42′,- (1-1),- GOOOL DO BAR COMPADRE, saque de esquina que remata o fondo da rede Lima.

Minuto 60′,- Xogada de Santiño con parede con Santi Paz que lla devolve e tira, facendo unha gran parada o porteiro.

Minuto 64′,- Nova xogada de Santi Paz que dribla ao porteiro e este o derriba dentro da area pequena é,  o arbito non quiso ver o claro penalti e a correspondente tarxeta roxa.

Minuto 68′,- (2-1),-GOOOOOOOL DO MORAÑA, xogadón de Santi Paz, que lanza un gran disparo rechazando o gardameta, o balón chega a Nico que remata o fondo da porteria.

Minuto 80′,- Lanzamento dende fora da area de Mario Costas que sae fora.

Minuto 85′,- Tiro de Esteban o borde da area que envia as nubes.

ARBITRO: Axubíou  o encontro o colexiado pontevedrés Agustín Couto Tourón, en liñas xerais ben, pero co lunar de non señalar a pena máxima a favor dos morañeses,  ca correspondiente expulsión ao porteiro. Enseñou unha tarxeta amarela o morañés Fuentes é cinco amarelas os seguintes xogadores do Bar Compadre: Diaz, Castro, Romero, Lores é González. 

INCIDENCIAS: Encontro xogado as 18,15 horas, porque en principio ía xogarse un partido de xuveniles que posteriormente foi suspendido. Boa tarde para a práctica do fútbol con unha temperatura de 9º. O mister morañés tamen contou no banquillo con Vicente, Rúa, Ventura e Pedro. Despois do encontro os xogadores morañeses foron cear xuntos cas respectivas parexas ao Restaurante Ciprés para celebrar a tradicional cea de NAVIDAD.

DESTACADOS: Por o Bar Compadre o porteiro Díaz, con paradas de moito mérito e Romero. Por o Moraña brillaron a gran altura, Goran Djorovic, Santiño e Santi Paz.

Compárteo!

1 comentario

  1. nacin na pantrigueira( curras, caleiro)
    con 15 anos xoguei o meu primer partido cos mallores do vilanova atl.(a lama-vilanova atl.)da man do difunto piño.
    con 18 anos particpei no ascenso do vilanova atl.a 2 regional.
    os 20 anos incorporenme a plantilla da xunqueira de futbol sala
    acadando os ascensos hasta 1 nacional b xogando 4 temporadas na mesma.
    os 32 anos fichei polo veteran do caleiro disputando 5 temporadas.
    logo recalei no moraña veteran hasta hoxe.
    a nina demarcaccion foi sempre media punta ou dianteiro (en futbol sala pivote) aunque podo xogar donde o mister queira polo ben do equipo.un saudo

Deixa un Comentario