O MORAÑA E A RULA EMPATARON A UNS NO MUNICIPAL DE MIRALLOS, NUN PARTIDO MOI EQUILIBRADO ONDE OS MORAÑESES CONSEGUIRON O PUNTO NECESARIO PARA CONSEGUIR UN ANO MAIS A PERMANENCIA MATEMÁTICA, A FALTA DE CATRO PARTIDOS, POLA CONTRA OS RULENSES SUMAN UN PUNTIÑO QUE LLES SERVE PARA SEGUIR SOÑANDO EN MANTER A CATEGORÍA, AÍNDA QUE A VERDADE QUE O TEÑEN MOI DIFÍCIL. O PARTIDO COMEZOU CUN MORAÑA QUE QUERÍA DOMINAR O ENCONTRO, XOGABA NO CAMPO DO RULA E RECUPERABA CON FACILIDADE O ESFÉRICO, ADIANTÁNDOSE NO MARCADOR NO MINUTO 29′ CUN GOL DE SANTI PAZ.,A SEGUNDA METADE ARRANCOU SEN UN DOMINADOR CLARO, PERO COA SENSACIÓN DE QUE A RULA TIÑA AS COUSAS MOITO MÁIS CLARAS, ESTABA MÁIS TRANQUILO, DOMINABA MÁIS E TAMÉN XERABA MÁIS OPCIÓNS DE PERIGO, CHEGOU O GOL DO EMPATE NO MINUTO 65′ OBRA DE DANIEL GARCIA, AO EXECUTAR UN LIBRE DIRECTO DENDE O BORDO DA ÁREA, SORPRENDENDO A GERINO CUN GRAN CANONAZO POR ALTO. AMBOS OS DOUS CONXUNTOS GOZARON AO FINAL DALGUNHAS OCASIÓNS QUE NON SOUBERON RESOLVER.

Na foto Gerino erixíndose na figura do partido

ALIÑACIÓNS:

A.C.D. MORAÑA., C.F.:Gerino; Eloy(69’Eloy), Juan, Yeyo, Fuentes(37′ Rafa Saez); Nico, Mario Costas, Fernando Núñez, Esteban(37′ Oscar); Celso e Santi Paz.

A RULA., C.F.: Fojo; Stoikov(37’González), Leopoldo, Fraga(37′ García), Sergio; Moldes, Soto(62′ Fernando Fojo), Fernando Fojo(46’Rios); Cendón, Lafuente é Enrique Lores.  

RADIOGRAFIA DO ENCONTRO:

Minuto 6′,- Nico só diante do porteiro tira e Fojo envía a córner.

Minuto 7′,- Remate de Fernándo Núñez dende o borde da area detendo novamente Fojo.

Minuto 20′,- Xogada da Rula a través de Enrique Lores é cando tiña todo a favor esvara e falla unha clara ocasión de gol.

Minuto 28′,- Centro de Eloy que remata Nico facendo Fojo unha gran parada.

Minuto 29′,- (1-0),- GOOOOOOOOL DO MORAÑA, contragolpe do Moraña, Santi Paz pasa a Celso que sortea a saída do porteiro,  pasando de novo a Santi Paz que só ten que turrar o esferico o fondo da porteria.

Minuto 48,- Ocasión de Santi Paz, sendo rechazado o seu tiro por o porteiro.

Minuto 53′,- Nova ocasión do Rula a través do seu xogador Enrique Lores que centra para trás e Moldes con toda a porteria para el tira incomprensiblemente fóra.

Minuto 55′,- Xogada novamente do Moraña con un tiro de Santi Paz demasiado cruzado.

Minuto 58,- Nova xogada de Santi Paz, tendo novamente como protagonista o porteiro Fojo.

Minuto 65,-(1-1),- GOOOOOOL DA RULA,- Falta de Yeyo fóra da area que lanza Daniel García e o balón entra como un obús na porteria.

Minuto 74,- Contraataque da Rula a través de Enrique Lores e o seu tiro atrapao Gerino.

Minuto 78,- Remate de cabeza de Santi Paz que sae fora.

Minuto 81,- Centro de Celso é cando iba a engatillar Santi Paz, adiantase Leopoldo o remate. 

Minuto 85,- Celso falla só diante do porteiro incompresiblemente.

Minuto 88′,- Xogafda do Moraña e cando iba rematar Santi Paz de cabeza, anticipase o porteiro Fojo, tocándo o balón o suficiente para impedir o remate.

ARBITRO: Axubioú o encontro o colexiado pontevedrés Oscar González Miñán, tendo un excelente arbitraxe. Mostou tarxeta amarela o morañés Mario Costas, por a Rula a viron Diz, Cendón, Lafuente ´González.

INCIDENCIAS: Encontro xogado no Municipal de Mirallos, con un terreo de xogo moi brando, debido as fortes choivas de estos días. Durante o encontro non choveo. Despois do encontro o xogadores do Moraña tuveron unha xuntanza no Xavique. Por decisión técnica non saltaron o terreo de xogo os xogadores morañeses Rúa e Velay, este último recientemente operado.

DESTACADOS: Sin lugar a dubidas por o Moraña foi o improvisado porteiro Gerino, realizando un partido extraordinario, tamén estuvo a boa altura Santi Paz. Por a Rula o gardameta Fojo e o dianteiro Enrique Lores.

Compárteo!

2 comentarios

Deixa un Comentario