Bonito partido de fútbol xogado no campo de Valga entre o Moraña e o actual campión de liga Poio, moi disputado durante os 90 minutos coa iniciativa sempre do Poio e un Moraña moi armado con fútbol de contención con contraataques perigosos onde Santi Paz, unha vez mais, trouxo en xaque aos defensas do Poio, que vendo a perigosidade do punta do Moraña, púxolle nada máis e nada menos a tres defensores para amarrar ao dianteiro morañés. Os de Poio puxéronse diante no marcador no minuto 45, no único despiste que tivo a zaga morañesas durante o primeiro tempo. Na reanudación foi un calco da primeira parte con dominio dos de Poio e voraces contraataques que estiveron a punto de converter en gol no minuto 50′ por mediación de Santi Paz, pero o seu porteiro Marsillas nunha excelente parada evitou o tanto do empate. O minuto fatídico do encontro foi aos 80′ cando o xogador morañés Celso «pajarín» fixo unha «pajarada» incomprensible no area local regalándolle o balón a un xogador contrario e marcando o segundo da tarde. A verdade que o Poio tivo a posesión do balón nun 75%, pero nunca creo perigo ante a porteria local, só dous erros monumentales da defensa morañesa impedieron polo menos,  salvar dous puntos. O cateiran Vicente, que o mister aínda non contara con el esta tempada, xogou os primeiros 45 minutos facendo dúas paradas de auténtico luxo.

 

 

Na foto Vicente, uns dos destacados do encontro.

ALIÑACIÓNS:

A.C.D. MORAÑA: Vicente (46? Fernando); Juan(68′ Roberto), Yeyo(55 Stoikov), Toño,  Fuentes (70? Ventura);  Nico (70’ Pedro), Mario Costas (55′ Nuñez), Sayáns, Esteban (46? Ezi) Celso é Santi Paz.

POIO C.F.: Neira(46’Marsillas) ; Julio, Arca, Viejo, Chamadoira; Lodeiro, Dominguez(30′ Juan José ), Souto; Miguel(40′ Alejandro), José Luis(34′ Martinez), Pintos.

RADIOGRAFIA DO ENCONTRO:

Minuto 4′,-Gran disparo de Esteban que deten Neira.. 

Minuto 7,- Ocasión do Poio pero José Luis Neira tira demasiado cruzado.

Minuto 30?,- Gran xogada de Nico por banda dereita e o seu centro no encontra rematador.

Minuto 32,- Novo remate de José Luis Neira, qure Vicente deten nunha gran intervención.

Minuto 43,- Centro de Alejandro que Juan Jose remata o poste.

Minuto 45?.-(0-1),-  GOOOOOOOOOOOOOL DO POIO.. Lodeiro recupera un balón no centro do campo, pasa a Juan José gañándolle a espalda a Yeyo, que de tiro cruzado bate a  Vicente.  

Minuto 46′,- Remate de Jose Luis Neira, saindo o seu disparo desviado.

Minuto 47′,- Tiro de Juan José, saindo alto.

Minuto52’,- Ocasión do Poio que desbarata Toño

Minuto 65,- Balón que mete Celso para Santi Paz que se planta só diante de Marsillas que fai unha gran intervención desviando o esferico a corner.

Minuto 75′,-Ocasión de José Luis Neira que desbarata Sayáns. 

Minuto 76’,- Falta que lle fan a Santi Paz dentro da area é o Sr. Colexiado incomprensiblemente a pita  fora da area, executando a mesma Celso que se lle vai fora por pouco.

Minuto 85,- (0-2),- GOOOOOOOOOOOL DO POIO, Celso que tantas tardes de gloria lle deu o Moraña, onte moi desafortunado durante os 90 minutos regalalle incompresiblemente un balón dentro da area a o visitante José Luis Neira, que regatea a Fernando e marca a pracer ante o asombro de todos os asistentes. 

ARBITRO: Axubioú o encontro o colexiado pontevedrés Francisco Crespo Trujillo, bó arbitraxe do colexiado pontevedrés, inda que cometeu o erro de non señalar un penalty clarisimo a favor do Moraña. Dada a deportividad de ambos equipos só tuvo que mostar unha só tarxeta amarela o xogador morañés Nico por unha forte entrada a un contrario.

INCIDENCIAS: Encontro xogado no Municipal de Valga, con unha temperatura moi agradable (22º), con un terreo de xogo en excelentes condicións. Como wspctador de excepción encontrabase Santiño lesionado hay tres xornadas é que en próximas datas pasará por o quirofano. Despois do encontro os xogadores morañeses é como xa vén sendo habitual, xuntaronse no Mesón Luya en Caldas de Reis .

DESTACADOS: Por o Moraña, Sayáns, Toño é Santi Paz, é  por o Poio, José Luis Neira, Lodeiro é Juan José.

Compárteo!

Deixa un Comentario