• Partido moi completo dos nosos

  • O Moraña C.F. ponse segundo na clasificación

Nova cita para o noso primeiro equipo na tarde de hoxe no Municipal de Zacande. Un encontro que a priori se presentaba con moita dificultade e que o Moraña logrou sacar adiante cun gran traballo de todo o equipo. O primeiro paso acadouno Pablo Cancela dende os 11 metros no minuto 38, poñendo ao equipo por diante para chegar ao descanso con vantaxe mínimo 0-1

Na segunda metade o Moraña non baixou o pistón, e nada máis comezar, Joaquín poñía o 0-2 no 49 que encarrilaba o encontro. Un gran gol chegando desde a esquerda e fusilando a Anxo. O Zacande estirouse intentando recortar diferencias, pero Andrés cun gran remate de cabeza nun saque de córner poñía o definitivo 0-3 no minuto 67 que lle daba os tres puntos aos nosos rapaces.
Gran traballo e gran resultado. Próxima parada o vindeiro domingo, recibindo ao Grove no Buelo. Ánimo!

FICHA TÉCNICA

Zacande F.C.: Anxo, Luis, Ramón, Jorge, Benito, Carlos, Veiga, Diego, Edgar, Pablo e Nico. Tamén xogaron Javi, Lucas, Iago, Castro e Gabriel.

Moraña C.F.: Isidro, Iván Vidal, Andrés, David Grande, Teijeira, Pablo Cancela, Álvaro, Seydou, David, Joaquín e Luciano. Tamén xogaron Salva, Manu, Ferro, Anwaka e Chima

Árbitro:  D. Jorge Chan, asistido por Kevin Rey e Borja Gómez. Amonestou a Benito, Nico, Pablo, Gabri, Edgar, Raón e Jorge polo Zacande e a Seydou, David Grande, Teijeira, Isidro, Álvaro e Fabio polo Moraña C.F.

Goles: 0-1 Pablo Cancela, penalti (min. 38); 0-2 Joaquín (min. 49); 0-3 Andrés (min. 67)

Compárteo!

Deixa un Comentario