Os Xuveniles do Moraña C.F. enfrontábanse na tarde de onte ao Barro C.F. na terceira xornada da segunda volta da súa Liga. Os morañeses dominaron o encontro de comezo a fin, marcando cedo de cabeza Gago e Javi nos minutos 15 e 19 e Iago cun gran disparo, chegando con este 3 a 0 ao descanso.

Na segunda metade, os nosos seguiron marcando, aínda que sen triangular tan ben coma no comezo de encontro. Malia a todo, Brais no 46 e un gol en propia meta no 49 sentenciaban o encontro. Pechou o marcador Ferro cun doblete; o primeiro dende os 11 metros no 64 e o segundo case co pitido final.

Bo encontro dos xuveniles, con fases de bo fútbol e momentos nos que se volve a pecar de individualismo, pero mostrando melloría e o principal, evolución deportiva. Moito ánimo e a seguir pelexando.

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 7 – 0 Barro C.F.

Moraña C.F.: Jose, Jorge (Pedro, minuto 62), Francisco (Leis, minuto 53), Iago (Ferro, minuto 53), Diego (Gabriel, minuto 53), Javier, Brais, Joel, Manuel, Xián e Gago.

Barro C.F.: Javier, Pablo, Gorka, Enrique, Gustavo, Iván, Adrián, Santiago, Gabriel, Erik, Diego.

Goles: Gago, Javier, Iago, Brais, Ferro (2) e p.p.

 

Compárteo!

Deixa un Comentario