A categoría Xuvenil do Moraña C.F. xogou na tarde do xoves o partido aplazado no seu día ante o Noalla C.F. Os morañeses afrontaban o encontro con varias baixas, pero reforzados por catro cadetes, que visto o visto, viñeron a facer algo máis que aportar.

O encontro comezou coa tónica que tivo nos 90 minutos: un ritmo de xogo e intensidade altísimo. Os nosos saíron enchufadísimos, e empuxados polo pulo dos Cadetes, os Xuveniles subiron (por fin) o pistón. O primeiro chegou cedo. Gran pase ao espazo para Joel, que define ben no man a man. Era o minuto 4, e abríase a lata. Empatou cedo o Noalla, aproveitando un balón solto na frontal Rafa, para cun gran golpeo de primeiras, meter o balón pola escuadra.

Este gol non frenou aos nosos, que seguiron pelexando e mantendo o nivel de intensidade. Así lograron o segundo gol, nun lanzamento de falta de Xián templado ao segundo pao, que Gago remata adentro. 2-1.

Parecía que o resultado ía a ser este no descanso, pero nunha xogada embarullada na área pequena, o Noalla facía a igualada xusto antes do pitido do árbitro.

Trala reanudación, a liña era a mesma: nivel alto de intensidade, ritmo de xogo altísimo e opcións para os dous equipos. Entraron no campo Suso e Javi no 50 para refrescar ao equipo, sustituíndo a Manu e a Adrián, xogador cadete que fixo un partidazo.

No 60, Joel, aproveitando unha gran xogada de contraataque puxo ao Moraña por diante de novo. Grandísimo gol deste xogador que fixo un gran traballo neste partido e toda a tempada. Catro minutos despois, Suso facía o cuarto facendo unha vaselina ao porteiro rival, pero grazas a un xogadón doutro cadete, Carlitos, que tras regatear e fintar na banda, lle pon un pase medido ao espazo. Na celebración do gol, Suso resentiuse dunha molestia no xeonllo, polo que tivo que ser substituído por Martín.

Co 4 a 2 parecía que os minutos finais ían a ser doados para os locais, pero nunha protesta estúpida do porteiro Jose, o árbitro expúlsado, deixando aos nosos con 10. Carlitos foi o sacrificado para que entrara Damián na portería. Pedro entrou por Gago pouco despois.

Nestes últimos minutos, aguantaron os xuvenís con un menos, e o marcador non se moveu. 4 a 2 resultado final e bo traballo deste conxunto de xogadores. Mención destacada e aparte dos xogadores cadetes que axudaron neste encontro, que foron un soplo de aire fresco, tiraron polos seus compañeiros máis maiores e deron por momentos un auténtico recital. Grazas no nome do clube polo seu compromiso e esforzo.

Os xuveniles xogarán este sábado o último encontro de Liga ante a E.F.B. Vilanova no Buelo, a partir das 20:00. Moito ánimo!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 4 – 2 S.D. Noalla

Moraña C.F.: Jose, Rober, Iago, Adri (Suso, min. 50 – Martín min. 69), Leis, Ferro, Joel, Gago (Pedro, min. 82), Carlos (Damián, min. 77), Xian e Manu (Javi, minuto 50).

S.D. Noalla: Kuki, Gerard, David, Javier, Rubén, Alejandro, David (Luis, min. 62), Sergio, Miguel, Matías e Rafa.

Goles:1-0 Joel (min. 4); 1-1 Rafa (min. 11); 2-1 Gago (min.27); 2-2 Javi (min. 44); 3-2 Joel (min. 60); 4-2 Suso (min. 64)

Compárteo!

Comentarios Pechados.