A categoría xuvenil do Moraña C.F. recibiu na mañán de hoxe ao Unión Dena, adiantando a xornada 13ª de Liga que tiña que disputarse o día 2 de xaneiro. A hora era atípica para os nosos rapaces, acostumados a xogar os sábados as 20:00 na casa, pero a adaptación foi perfecta.

En liñas xerais, gran traballo dos pupilos de Javi Gañán, que deron nesas últimas semanas un paso adiante no que se refire ao nivel competitivo, xogando un mellor fútbol e moito máis concentrados. No encontro de hoxe, a lata abriuna Joel no minuto 22, aguantando este resultado toda a primeira parte e chegando así ao descanso.

No primeiro minuto da reanudación, Cristian Cores facía a igualada, pero os nosos superon reaccionar e grazas aos goles de Gago no minuto 59, e de Diego no minuto 85, os puntos quedaron en Moraña.

Noraboa aos nosos xuveniles, que colleitaron 3 victorias nos últimos 4 encontros.

A seguir competindo deste xeito e moito ánimo.

Dende o Moraña C.F. queremos enviar todo o noso apoio e ánimo ao porteiro do Unión Dena, que recibiu un balonazo na cara tras un disparo de Javi e tivo que marchar na ambulancia. A recuperarse e que non sexa nada.

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 3 -1 Unión Dena C.F.

Moraña C.F.: Jose, Francisco (Jorge, minuto 69), Diego, Leis (Ferro, minuto 55), Joel, Brais, Alejandro, Pedro (Javier, minuto 50), Xian, David, Alejandro Esperón (Iago, minuto 89).

Unión Dena C.F.: Santiago, Alejandro, Cristian (Rubén, minuto 76), Pablo (Jonathan, minuto 62), Sergio, Jacobo, Daniel (Alejandro, minuto 86), Clemente (Manuel, minto 49), Diego, Cristian Cores,  Santiago e Manuel.

Goles: 1-0 Joel (minuto 22); 1-1 Cristian Cores (minuto 46); 2-1 Gago (minuto 59); 3-1 Diego (minuto 85).

Compárteo!

Deixa un Comentario