Despois da primeira victoria colleitada ante o Barro a semana pasada, os Xuveniles recibiían no Buelo onte ás 20:00 ao Ribadumia «B na cuarta xornada da Liga Xuvenil. O equipo de Javi Gañán saía con forza, para refrendar o bo traballo da anterior semana, e así o fixeron.

Sairon ao partido os nosos cunha moi boa actitude, xerando moito peligro na portería rival e varias ocasións pero sen acerto na finalización. Nestes primeiros minutos Jose era un mero espectador, e todo o perigo que chegaba era resolto por unha defensa moi segura e sen erros á hora de xogar o balón.

A insistencia morañesa tivo premio, e no minuto 15 unha xogada por banda esquerda na que o balón chega a Brais, éste encara e tras facer varios regates entra na área, sendo derrubado por un rival en claro penalty. Ocupouse o mesmo Brais de transformalo. O gol fixo que o partido entrase nunha fase máis alocada, con continuas idas e voltas, na que o Moraña sacaba petróleo da velocidade de Joel, Javi e Brais, verticais e rápidos á hora de buscar a portería rival.

Nunha incorporación de Ferro ao ataque, roba un balón e combina con Javi que sen pensalo según recibe e vendo ao porteiro adiantado, dispara a porta colando o balón pegado ao longueiro. Un auténtico golazo para facer o 2-0.

O Ribadumia «B» reaccionou a este gol tentando ir para arriba, pero unha vez máis a nosa defensa respondeu en todas as ocasións, salvo nun disparo no que tivo que intervenir José e realizou un gran despexe.

Na segunda parte, o ritmo seguiu a ser intenso, con tramos no que xogo físico se facía protagonista, con demasiadas interrupcións por faltas que nada lle conveñía ao noso equipo. Aquí estivo a chave, xa que o equipo se centrou totalmente e facer o terceiro e pechar o encontro. Logrouse cunha apertura de Javi a Pedro, que cunha internada por banda dereita puxo un centro forte a media altura que Brais só tivo que empuxar. Co 3-0 o Ribadumia tentou buscar a heroica con balóns largos á espalda da defensa, pero unha vez máis o equipo respondeu nesta faceta e contragolpeaba con moito perigo. Joel foi un tormento para a defensa rival nestes minutos, incisivo, vertical e poñendo centros con moito perigo aos que Pedro non chegou por pouco.

Con este resultado se chegou ao final dos 90 minutos. En resumen, segunda victoria consecutiva, e o que é máis importante, 180 minutos sen encaixar goles. Noraboa a este equipo e a seguir pelexando.

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 3 – 0 Ribadumia «B»

Moraña C.F.: Jose, Donato, Cela, Ferro, Alex, Iago, Xián, Joel, Javi, Brais e Leis.
Tamén xogaron: Damián, Manu, Pedro, Lobo y Giao.

Goles:  Brais (2, o 1º de penalty) e Javi.

Compárteo!

Deixa un Comentario