Victoria para o Xuvenil no partido de adestramento celebrado esta tarde no Buelo. Un partido pensado para que os adestradores puideran probar o ensaiado nas sesións previas e para poder traballar cómodamente cos rapaces.

Unha parte para cada equipo e moi bo esforzo de todos os rapaces. A primeira parte, foron os xuveniles os que marcaron os tempos, tendo o dominio e xerando perigo, chegando ao descanso con 0-1. A pesares de que fixeron dous goles máis na segunda parte, os cadetes tiveron máis peso no segundo tempo, estrelando un balón no longueiro e perdoando un penalti que os adestradores decidiron non ver.

Novo test para sumar minutos e para ir enfilando xa case as semanas decisivas para o comezo da tempada, fixado para o 26 de Setembro.

A seguir traballando!!

FICHA TÉCNICA

Xuveniles 3 – 0 Cadetes

Cadetes: Manu, Pablo G., Roberto M., Iván, Raúl O., Marcos V., Álex A., Martín, Marcos F., Manuel Sayáns, Adrián. Tamén xogaron Carlos, Saúl, Fernando, Pablo A. e Héctor.

Goles: 0-1 Leis (minuto 5); 0-2 Joel (minuto 43); 0-3 Álex (minuto 50).

Compárteo!

Deixa un Comentario