Os Xuveniles do Moraña C.F. pecharon a súa participación ligueira na tarde-noite de onte xogando ante a E.F.B. Vilanova no Buelo. Os nosos pecharon o ano logrando un empate case sobre a bocina mercede a un gran traballo durante todo o encontro.

Adiantáronse os visitantes, case ao filo do descanso, no minuto 44, cun gol de Pablo. Jose, no 62 parecía pechar o encontro facendo o 0 a 2, pero nun gran traballo final, Joel no 69 achegaba aos nosos. E xa case cando o encontro morría, Leis facía o gol do empate no 89.

Reparto de puntos para rematar o ano, facendo que os nosos sumaran 26 puntos e acaben a tempada na 8ª posición.

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 2 – 2 E.F.B. Vilanova

Moraña C.F.:Damián, Rober, Francisco, Iago (Alejandro, min. 70), Diego (Carlos, min. 53), Javier (Brais, min. 61), Joel (Leis, min. 79), Lobo, Iván, Xián e Gago (Cela, min. 38).
E.F.B. Vilanova:Diego, Juan (Iván, min. 58), Manuel, Pablo, Brian (Álvarez min. 63), Javier, Alejandro, Adrián (David, min. 67), Manuel (Manuel J., min 74), Núñez e Juan S.(Jose, min. 50)
Goles: 0-1 Pablo (min. 44); 0-2 Jose (min. 62); 1-2 Joel (min. 69); 2-2 Leis (min. 89)

Compárteo!

Comentarios Pechados.