A categoría Xuvenil do Moraña venceu ao C.D. Bamio sobre a bocina na tarde de onte nun partido igualadísimo.

Os pupilos de Javi Gañán plantexaron un partido moi serio e sobre todo mostrando competitividade e propoñendo unha idea clara de fútbol. Esta intensidade foi a que lles permitiu non perder a cara ao partido, a pesares de comezar perdendo dende o minuto 21 cun gol de Carlos, seguir pelexando e chegar con opcións ao final do encontro.

Foi un partido moi traballado por parte dos nosos, no que se xeraron gran cantidade de ocasións que non se chegaron a fructificar e que daba alas aos rivais. Foi no último tramo no que por fin as ocasións se convertiron en goles, facendo Joel o empate no minuto 63 e case no pitido final Brais facia o 2 a 1 que deixaba os puntos en Moraña.

Segunda victoria consecutiva na casa dos Xuveniles, moi bo traballo e boa evolución deste equipo, que ten que seguir medrando. Noraboa e a seguir traballando!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 2 – 1 C.D. Bamio

Moraña C.F.: Damián, Roberto, Jorge, Francisco (Manuel, minuto 82), Brais, Joel, Jorge (Leis, minuto 82), Alejandro (Diego, minuto 71), Pedro (Alejandro, minuto 66), Xián, David, Gago.

C.D. Bamio: Guillermo, Sergio (Alejandro, minuto 79), Diego, Ivan, Santiago, Carlos, Juan, Pablo (Marcos, minuto 67), Pablo C. (Carlos, minuto 67), Manuel, Iago (Aitor, minuto 63 – Juan, minuto 84).

Goles: 0-1 Carlos (minuto 21); 1-1 Joel (minuto 63); 2-1 Brais (minuto 89)

Compárteo!

Deixa un Comentario