A categoría Xuvenil do Moraña C.F. enfrontouse este sábado ás 20:00 horas no Buelo ao Marcón Atlético, nun partido que reeditaba o primeiro encontro do triangular da semana anterior.

Ao igual que ocorreu neste enfrontamento de 40 minutos, o ritmo deste partido foi alto, con alternativas para os dous equipos e no que os nosos mereceron, cando menos o empate, pero unhas veces o acerto dos rivais e na maior parte, o desacerto dos nosos, fixeron que non subiran máis goles ao marcador.

Bo traballo de pretempada neste partido, tendo un derradeiro encontro este martes co Barro C.F. antes do estreno ligueiro da vindeira fin de semana.

Moito ánimo e a seguir traballando.

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 1 – 2 Marcón Atlético

Xogaron polo Moraña C.F.: Damián, Cela, Ferro, Fran, Álex, Iago, Xian, Brais, Joel, Diego e Javi. Tamén xogaron Lobo, Gago, Pedro e Gabriel.

Gol: Joel

 

Compárteo!

Deixa un Comentario