A categoría Xuvenil do Moraña viaxou na mañán do sábado a Sanxenxo totalmente en cadro, con só 12 xogadores para afrontar a 19ª Xornada de Liga. Este feito foi crucial no ocurrido no encontro, xa que o factor físico foi fundamental.

Non se moveu o marcador nos primeiros 45 minutos, nun encontro que recordou ao acontecido na ida, onde a igualdade foi máxima. Adiantouse o Moraña cun gol de Suso no 63, pero nos seguintes 10 minutos os locais lle deron a volta ao encoNtro cun doblete de Marco. E neste último tramo no que os nosos se foron quedando sen gasolina, foi quen o Sanxenxo de facer aínda dous goles máis: Carlos no 78 e Isaac no 82. Con estes dous goles se pechou o marcador definitivo de 4 a 1 co que remataron os 90 minutos.

Bo esforzo pero sen premio dos Xuveniles. Ánimo e a seguir traballando! Próxima semana, recibimos a un dos «cocos» da Liga, o Umia. Ánimo!

FICHA TÉCNICA

Xuv. Sanxenxo 4 – 1 Moraña C.F.

Xuv. Sanxenxo: Dani, Rodrigo (Juan, minuto 57), Daniel (Montes, minuto 66), Manuel (Ansah, minuto 46), Javier, Devesa, Enrique (Miguel, 80), Álvaro, Carlos, Isaac e Marcos.

Moraña C.F.: Damián, Francisco, Iago, Leis (Diego, minuto 74), Brais, Joel, Jorge, Alejandro, Pedro, Gago e Suso.

Goles: 0-1 Suso (minuto 63), 1-1 Marco (minuto 65); 2-1 Marco (minuto 70); 3-1 Carlos (minuto 78); 4-1 Isaac (minuto 82).

Compárteo!

Deixa un Comentario