Os nosos cadetes viaxaron na tarde de hoxe a Cambados, para enfrontarse ao equipo desta localidade na cuarta xornada da Liga Cadete.

Os pupilos de Celso Diz xa coñecían os tres resultados posibles nos anteriores partidos, cunha victoriam un empate e unha derrota, e plantexaron este partido con moita ilusión para facerse cos puntos.

O encontro, disputado no Pombal, foi difícil e moi traballado, pero ao final dos 80 minutos os puntos viaxaron a Moraña.

Adiantáronse os nosos moi cedo, no minuto 2, por medio de Roberto. O xogador de Campo Lameiro, tras recibir un preciso pase de tacón de Manu S., controla e marca un golzo por toda a escuadra. Este 0-1 foi o resultado ao fina dos primeiros 40 minutos.

No comezo da segunda parte, o Cambados empatou por medio de Diego aproveitando un error defensivo. Era o minuto 44, e o partido comezaba de novo. Tivemos que agardar ata o minuto 59 para que Martín fixera o definitivo 1-2. Outra vez foi protagonista Roberto, que lanzou unha falta dende o medio campo que chega á area, onde Martín peina a pelota, sorprendendo ao porteiro cambadés.

Este foi o resultado ao final dos 80 minutos, facendo que os nosos Cadetes se fixeran coa segunda victoria nesta liga. Moi bo traballo desta categoría, a seguir nesta liña e moito ánimo.

FICHA TÉCNICA

Xuv. Cambados 1 – 2 Moraña C.F.

Xuventude Cambados: Álex, J. Manuel (Omar, minuto 63), Alberto, Raúl, Alejandro, Rubén, Sergio (Mario, minuto 57), Pablo (Lucas, minuto 63) Diego, Antolín (Jeray, minuto 48) e Pedro.

Moraña C.F.: Saúl, Roberto, Iván, Andrés, Adrián, Raúl, Marquitos, Pablo G. (Héctor, minuto 50), Manuel S. (David, minuto 57), Ismael (Alejandro, minuto 54) e Pablo A. (Martín, minuto 48).

Goles: 0-1 Roberto (minuto 2); 1-1 Diego (minuto 44); 1-2 Martín (minuto 59)

 

 

Compárteo!

Deixa un Comentario