• Cuarta derrota consecutiva.

  • Os erros puntuais condenan ao equipo.

Visita a un campo e a un rival de entidade, o Villalonga F.C. nesta tarde de domingo na que o Moraña buscaba a reacción para volver puntuar. Pero non puido ser, de novo erros en momentos chave fan que o equipo pelexe, pero non acade obxectivos.

Os nosos saíron pechando ben os espazos e dándolle a iniciativa aos locais, que movían o balón pero sen xerar perigo nin opcións. No minuto 10, un balón divido en banda permite un centro potente para que Héctor bata a Rosa e poña o primeiro. Un golpe tempraneiro pero do que os nosos se levantaron rápido. Fabio meteu a Dyego por Carlos no 25 e o Moraña carburou ben neste tramo, sendo superior a un Villalonga que cortaba o xogo como podía con faltas. Seydou tivo o empate nun remate de cabeza que se foi ao travesaño. Malia esta reacción, 1-0 ao descanso

No comezo da segunda parte os nosos saíron coa mesma idea pero de novo outro erro do Moraña é aproveitado polo Villalonga para montar a contra e que Marcos puxera o 2-0. Aínda quedaba o peor, cando pouco despois deste gol, o colexiado expulsaba a Dyego por unha suposta agresión. Dez contra once os locais deron un paso atrás, pechando espazos e buscando a contra. No 72, tras unha trifulca tamén queda o Villalonga con 10, pero nin por esas os nosos foron quen de recortar. Xa no desconto, de novo Marcos anotaba para deixar o definitivo 3-0

Mala racha dos nosos, que remataron o 2022 en liña ascendente pero que non dan dado coa tecla nos últios partidos. Toca seguir traballando, pelexando e dalo todo para acadar a permanencia. A partires de agora, cada semana vai ser unha final, e a próxima será ante o Verín. Vamos Moraña!!!

FICHA TÉCNICA

Viallonga F.C.: Rodrigo, Nico (Carlos (min. 25), Eloy (David, min. 25), Héctor (Garabán, min. 83), Marcos, Javi, Tomás, Jose Ramón (Álex, min. 58), Dieguez, Michael (David, min. 65) e César.

Moraña C.F.: Rosa, Marcos, Carlos (Dyego, min. 24), Novegil, Pablo Cancela, Seydou, Mateo (Chybu, min. 54), Delfino, Javi, Álvaro (Carlos J. min. 83) e Alexander (Aarón, min. 67).

Goles: 1-0 Héctor (min. 10); 2-0 Marcos (min. 48); 3-0 Marcos (min 90+5)

Árbitro:  D. Carlos Alberto González, auxiliado por D. Andrés Seijo e D. Borja Rial. Amonestou a César, Carlos, Michael, David, Rodri, Dieguez, Álex e David polo Villalonga e a Seydou, Carlos, Álvaro e Javi polo Moraña. Expulsou a Dyego no Moraña e a David no Villalonga.

Compárteo!

Deixa un Comentario