• Terceira xornada e seguimos sen puntuar.

  • Os locais foron superiores nos 90 minutos.

Chegaba o Moraña á terceira xornada de Liga ante un rival que, coma nós, precisaba de puntuar. Os nosos, con cambios no once plantaron cara no José Arjiz, pero os locais impuxeron a súa lei.

Foi á media hora de xogo cando se adiantou o Verín, co gol de Isma, que batía a Alexandre. Este 1-0 foi o resultado ao descanso.

© Verín Clube de Fútbol

O Moraña C.F. comezou a segunda metade sen cambios, e tentando buscar o empate, pero o Verín golpeou de novo. No 57, Luis facía o 2-0. Moveu Fabio o banquillo, dando entrada a Víctor por Nico, pero os locais sentenciaban case por completo o encontro co 3-0 no 62 co gol de Martín Torres. Con este 3-0, entrou Carlitos por Rubén e Mateo por Fernando, buscando máis pegada arriba, pero os nosos non foron quen de marcar. E o encontro rematou con esta victoria local por un claro 3-0

Toca seguir remando, ninguén dixo que sería doado. A levantarse e seguir pelexando rapaces!! O vindeiro domingo recibimos ao Porriño Industrial no Buelo. Vamos Moraña!!!

FICHA TÉCNICA

Verín C.F.: Adrián, Germán, Martín, Luis, Hugo, Isma, Sergio, Marcos, Carlos, Luis e Senén. Tamén xogaron Jorge, Miguel, Pablo, Adrián e Álvaro.

Moraña C.F.: Alexandre, Marcos, Carlos, Rubén, Fernando, Nico, Seydou, Dyego, Aarón, Pablo Cancela e Marouane. Tamén xogaron Víctor, Carlos, Mateo, Ronzoni, e Moussa.

Goles: 1-0 Isma (min. 33); 2-0 Luis (min. 57); 3-0 Martín (min. 62).

Árbitro:  D. Diego Cedeira, auxiliado por D. Miguel Suárez e D. Martín García. Amonestoy a Martín e Marcos polo Verín e a Carlos Dean polo Moraña C.F.

*fotos do encontro por xentileza das redes sociais do Verín C.F.

Compárteo!

Deixa un Comentario