• Non se puido debutar en Preferente con victoria.

  • Malia o resultado, os nosos competiron os 90 minutos.

Día histórico para o noso clube, o primeiro encontro da nosa historia en Rexional Preferente. Os nosos, tralo traballo da pretempada presentábanse na Gándara con moita ilusión nesta nova andadura e coas novas fichaxes que reforzaron o plantel.

Os nosos comezaron sen complexos e tentando manter a liña de xogo coa que acabaron a pasada tempada, pero no minuto 11 Hugo Rial facía o primeiro para os locais. E antes do descanso, co gol de Heber no 41  a vantaxe xa era de 2-0. Tocaba remar.

Na segunda metade os nosos sufriron un novo golpe, coa expulsión de Carlos Dean no minuto 59. Puntuar parecía cada vez máis difícil pero o gol de Dyego dende os 11 metros no 69 poñía o 2-1 e deixaba un último tramo cheo de emoción. Tentárono os nosos ata o último momento cun Valladares que tirou de experiencia e temporizou ben, pero o marcador non se moveu.

Primeiro paso nesta andadura en Preferente no que se competiu. Toca seguir avanzando, mellorando e pelexando. O vindeiro domingo recibimos no Buelo a un histórico do fútbol galego, o Villalonga F.C. A por todas, rapaces!!

FICHA TÉCNICA

C.D. Valladares.: Nico, Carlos, Martín, Diego, Miguel, David, Enrique, Hugo, Pedro, Abel e Heber. Tamén xogaron Tomás, Pablo, Alberto, Iago, Miguel e Andrés.

Moraña C.F.: Manu, Marcos, Carlos, Pablo Cancela, Fernando, Nico, Seydou, Aarón, Andrés, Dyego e Víctor. Tamén xogaron Óscar, Mateo, Borja, Carlos, Rubén e Joao.

Goles: 1-0 Hugo Rial (min. 11); 2-0 Heber (min. 41); 2-1 Dyego (min. 69).

Árbitro:  D. Rubén Fernández Otero, auxiliado por D. Óscar Lista e D. Adrián Rodríguez. Amonestou a Víctor e Fernando polo Moraña e a Pablo polo Valladares. Expulsou a Carlos (Moraña C.F.).

Compárteo!

Deixa un Comentario