Os nosos Cadetes xogaron na mañán de hoxe nas Cachizas, onde se enfrontaban ao Unión Dena na 11ª Xornada de Liga. O equipo de Celsiño chegaba ao encontro con ganas de competir e con toda a ilusión para facerse coa victoria.

Saíron os nosos con moito ímpetu, dispostos a impor o seu fútbol, tocando moito en curto, combinando e buscando a superioridade sobre todo por bandas. Pero este dominio inicial que si se transformou en ocasións, non o fixo en goles, e foi o Dena o que golpeou primeiro aproveitando a transformación dun penalty máis que dubidoso por parte de Youssef.

Chegouse con esta victoria pola mínima ao descanso.

A segunda parte seguía a ser un monólogo dos nosos cadetes que incluso se atoparon co feito de que o rival se quedaba cun 10 ao esgotar os cambios e lesionarse un xogador. Esta circunstancia xunto co bo traballo dos homes de refresco fixo que en só 10 minutos (do 50 ao 60) Martín cun doblete e Carlos puxeran o 1 a 3 definitivo no marcador.

Ao pechar o partido neste tramo, os nosos baixaron o pistón e relaxáronse un pouco na última parte do encontro, polo que non aumentaron a vantaxe.

En resumo, quinta victoria dos nosos cadetes, que  se sitúan quintos na táboa clasificatoria. Moi bo traballo deste grupo de xogadores que están a facer unha tempada excepcional. Próxima estación, recibir ao Ribadumia no Buelo a vindeira fin de semana. Ánimo e a seguir traballando!

FICHA TÉCNICA

Unión Dena C.F. 1 – 3 Moraña C.F.

Unión Dena C.F.: Evaristo, Pablo, Pablo J., Clemente, Daniel, Nicolás (Adrián, minuto 40), Youseff, Pablo Villar, Eloy, Alejandro e Adrián.

Moraña C.F.: Saúl (Manu, minuto 40), David, Roberto, Iván, Andrés, Marquitos, Alejandro (Adrián, minuto 57), Pablo González (Carlos, minuto 49), Manuel, Ismael (Héctor, minuto 61) e Pablo Ares (Martín, minuto 49).

Goles: 1-0 Youssef (penalty, minuto 25); 1-1 Martín (minuto 50); 1-2 Carlos (minuto 56); 1-3 Martín (minuto 60)

Compárteo!

Deixa un Comentario