Os Infantiles encadenaron a súa segunda victoria consecutiva ante o Unión Dena «B», visitando As Cachizas na mañán do sábado. O equipo de Alberto García contaba para este partido coa baixa de Raúl por lesión, polo que se tirou dos alevíns e Yoel veu a reforzar o equipo.

Os morañeses saíron pronto a polo partido, aprentando ao rival e tentando levar o peso do partido, como soen facer. Froito deste comezo, adiantáronse no minuto 10 cun bo gol de Dani, que abre a súa conta esta tempada. Un gran cambio de orientación no que o dianteiro morañés fai un bo control e finaliza ben o man a man.

IMG-20151010-WA0015Como ocorreu noutros encontros tanto de pretempada, como no anterior de Liga, tralo gol, os nosos relaxáronse, permitindo que o Dena lle dese á volta ao encontro cos goles de Óscar no 17 e Anxo no 35. Este feito espoleou aos infantiles, que reaccionaron a este segundo gol empatando case na seguinte xogada, cunha asistencia de Edu que finaliza Dani. Chegouse co 2-2 ao descanso.

A segunda parte seguiu igual de disputada, e tiveron que pasar 20 minutos ata que por fin o Moraña volveu a poñerse por diante. Un espectacular Edu centra para que David finalice a xogada no 2-3. Pereira no 66 logrou pechar a conta dos morañeses, aproveitando outro centro de Edu, que facía unha tripleta de asistencias.

Ao final dos 80 minutos, 2 a 4, nova victoria dos Infantiles que viaxan mañán luns a xogar o partido aplazado contra o C.D. Mosteiro para tentar facer o pleno de puntos. Noraboa polo bo traballo realizado ata o momento e a seguir loitando.

FICHA TÉCNICA

Unión Dena «B» 2 – 4 Moraña C.F.

Unión Dena «B»: Pablo (minuto 55, Eloy), Víctor, Daniel, Rodrigo, Gabriel, Anxo, Gabriel, David, Óscar, Borja e Sergio (minuto 65, Eduardo).

Moraña C.F.: Iván, Isma, Isaac (minuto 45, Jorge), Edu, Pablo (minuto 56, Yoel) Dani (minuto 67, Pablo Cela), Rubén (minuto 70, Pedro), David, Christian, Pereira, Pablo Sende.

Goles: 0-1 Dani (minuto 10); 1-1 Óscar (minuto 17); 2-1 Anxo (minuto 35); 2-2 Dani (minuto 36); 3-2 David (minuto 60); 4-2 Pereira (minuto 66).

 

Compárteo!

Deixa un Comentario