Segunda xornada de Liga para os Xuveniles, que visitaban Dena este sábado ás 10 da mañán. Trala derrota colleitada na primeira xornada, os rapaces de Javi Gañán viaxaron a esta localidade con moita ilusión e ganas de levar os puntos.

Foi un partido no que os morañeses entraron cunha falta de actitude moi importante, con mal traballo defensivo, pouca circulación de balón e nula presión ao rival, e no que se foron entonando pouco a pouco e mercede aos cambios que o entrenador foi realizando.

Aínda así os xogadores non lograron collerlle o pulso ao partido e o resultado final reflexou un 4-0.

Moito traballo por diante para este equipo, que debe ir pouco a pouco medrando e colléndolle o pulso á categoría.

Moito ánimo e sorte aos rapaces!!

FICHA TÉCNICA

Unión Dena 4 – 0 Moraña C.F.

Unión Dena: Iván, Xaco, Jorge, Ucha, Aarón, Marcos, Víctor, Dani, Christian, Diego, Óscar, Daniel, Maikel, Iván, Miguel e Tomy.

Moraña C.F.: Damián, Donato, Iago, Giao, Joel, Ferro, Álex, Pedro, Xián, Gago, Leis, Manu, Gabriel, Saúl, Brais.

 

Compárteo!

Deixa un Comentario