• Derrota contra o actual líder da clasificación.

  • A peor noticia foi a grave lesión do noso xogador Ramón ao inicio do encontro.

Xornada 11 do Grupo V da 1ª Autonómica na que o Moraña visitaba Barrantes para enfrontarse ao Umia, un rival sempre moi complicado no seu campo.

O inicio do encontro estivo marcado pola lesión de Ramón, que tivo que ser substituído no minuto 4. O encontro reanudouse cos dous equipos moi metidos no partido. O primeiro gol do Umia chegou logo dun centro á área na que o seu dianteiro logra rematar nunha posición franca e sen apenas oposición da nosa defensa. A maior arma eran os balóns en longo, xa que as dimensións do campo eran propicias para empregar ese estilo de xogo.

O segundo tempo comezou co Moraña intentando apretar en busca do empate. Pero foi o Umia o que encontrou o segundo gol cun novo centro á área. Despois diso, Sebas tivo unha gran ocasión na que se atopou co poste. O Moraña reclamou un posible penalti sobre Josiño, pero o árbitro non decretou infracción. E xa con este resultado chegaríase ao final do partido.

Aproveitamos para desexarlle a Ramón unha boa recuperación da súa lesión. Moito ánimo e forza!

O vindeiro domingo tocaranos xogar un novo derbi comarcal, desta volta contra o Caldas C.F.

FICHA TÉCNICA

Umia C.F.: Lucas Gallego, Joseph Steven, Ángel García (Diego Rodríguez, 59′), Manuel Veiga (David Rial, 84′), Alejandro Guillán, Antonio Vázquez (Jonatan Romero, 84′), Nicolás Conde, Jorge Fontán (Iago Barreiro, 73′), Xabier Ares, Oumar Sidibe e Félix Agüín (Daniel Taracido, 73′).

Moraña C.F.: Manu Carracedo, Sebas Cores, Ángel Buceta, Fernando R. Novegil, Moha El Hamdaoui (Josiño Pérez, 71′), Diego Pérez, Jorge Miser, Ramón Martínez (Víctor Calderón, 4′, Leroy Ruegg, 71′), Dani Fontán (Jesús Losada, 66′), Álex Domínguez e Rubén Candal (Roi García, 66′).

Goles: 1-0 Alejandro Guillán (min.21), 2-0 Nicolás Conde (min.65)

Árbitro:  Don Pablo Bacariza Baltasar, auxiliado por Christian David Madroñero e Juan Navazas. Amonestou a David Rial polo Umia.

Compárteo!

Deixa un Comentario