• Nova derrota pola mínima.

  • O único gol do partido foi de penalti.

Xa a xornada 29 da Liga de Preferente e derbi ante os veciños do Umia C.F. na Bouza. Un encontro que os nosos afrontaban en cadro e só con 15 xogadores na convocatoria. Novamente, vivimos a tónica desta tempada, na que os nosos pelexan, dan a cara e teñen opcións pero a falta de acerto convírtese no maior problema.

Tras unha primeira parte na que non se moveu o marcador, e cos dous equipos moi ordenados, o gol da victoria chegou dende os 11 metros, nun penalti que Jonás enviou ao fondo das redes. Único tanto do encontro e vantaxe que os locais defenderon a reo ata o final do encontro e que lle valeu os tres puntos.

Próximo enfrontamento, ante o Portonovo S.D. este xoves. Toca seguir dando a cara!! Vamos!!!

FICHA TÉCNICA

Umia C.F.:  Pablo, Steven, Ángel, Emilio (Manuel, min. 75), Jonás, Miguel, Guillan (Franco, min. 46), Blanco (Anxo, min. 65), Nico, Oumar e Diego (Antonio, min. 46).

Moraña C.F.: Rosa, Toral (Jose, min.78), Álvaro, Novegil, Martín, Javi, Pablo, Aarón, Seydou, Hardy e Marcos (Carlos, min. 84).

Goles: 1-0 Jonas (min.62, penalti).

Árbitro:  D. Rubén Fernández, auxiliado por D. Pablo Graña e Dna. Uxía Boimorto. Amonestou a Emilio, Franco, Nico e Benito polo Umia e a Toral, Martín, Álvaro, Pablo e Novegil polo Moraña.

 

Compárteo!

Deixa un Comentario