• Unha mala primeira metade dos nosos conclúe nunha derrota a domicilio.

  • A reacción da segunda parte foi insuficiente para poder puntuar.

Xornada 2 do Grupo V da 1ª Autonómica e primeiro partido a domicilio dos nosos. Desprazabámonos na tarde de onte ata o campo da Unión Deportiva Santa Mariña, equipo que chegou a contar na súa canteira con xogadores da talla de Iago Aspas, Brais Méndez e Gabri Veiga.

O inicio do encontro estivo marcado pola falta de intensidade e os desaxustes defensivos que fixeron que o rival acadase o premio do gol no minuto 22. Este tanto foi un mazazo do que os nosos non se conseguiron recuperar ata o final dos primeiros 45 minutos.

Xa na segunda metade puidemos ver un Moraña cunha cara diferente, tratando de levar a iniciativa e achegándose máis á portería rival. A pesares das tentativas de lograr a igualada, non foi posible e o partido finalizaría co 1-0.

O vindeiro domingo recibiremos no Buelo ao Tyde F.C.

FICHA TÉCNICA

UD Santa Mariña: Gael Germade, Breogán Álvarez (Borja Casal, 87′), Rodrigo Otero, Pablo González, Francisco Javier Alonso, Daniel Pascual, Pablo Pérez (Brais Fernández, 57′), Santos Fonterigo (Hugo Bernárdez, 68′), Miguel Villalón (Daniel Castro, 87′), Aarón Araújo (Roi González, 57′) e Adrián Costas.

Moraña C.F.: Manu Carracedo, David Gevorgyan (Domi García, 83′), Jesús Losada, Moha El Hamdaoui (Leroy Ruegg, 71′), Diego Pérez (Josiño Pérez, 78′), Pablo Cancela, Ramón Martínez, Álex Domínguez, Jorge Miser (David García, 78′), Roi García (Dani Fontán 71′) e Sebas Cores.

Goles: 1-0 Rodrigo Otero (min 22)

Árbitro:  Don Sergio Souto Prado. Amonestou a  Santos Fonterigo, Breogán Álvarez e Rodrigo Otero polo UD Santa Mariña e a Pablo Cancela polo Moraña.

Compárteo!

Deixa un Comentario