• O Moraña mereceu sentenciar moito antes, pero o gol acabou chegando.

Partido de volta da segunda Eliminatoria da Fase de Ascenso, cun 1-1 da ida en Mirallos e con todo por decidir. Os dous equipos buscaban o pase á final, cada un coas súas armas: o Sampayo buscando o fútbol directo que a nosa defensa supo defender. Malia todo, a primeira ocasión clara foi para os locais, nun balón que acaba tras un erro morañés nun man a man que Caba saca cun pé milagreiro. Pero os nosos responderon tamén con varias ocasións, unha de Ferro que se foi ao pao e outra de Santi que escapou por un chisco.

Aínda así, o resultado ao descanso foi o inicial, 0-0. Na reanudación, o Moraña saíu concienciado e buscando dominar, dando un paso adiante para certificar o pase. As ocasións ían chegando pero o que non chegaba era o gol, e o 0-0 non valía. Ferro e Jonathan foron dous puñais polas bandas, buscando centros que non chegaban a remate.

Chegou o gol por fin no ___, nun centro que pon Chima á area para Oli, que acababa de entrar e que poñía o 0-1. Este gol decantaba a eliminatoria para o Moraña, e obligaba ao Sampayo a marcar polo menos para forzar a prórroga. O Sampayo comezou a poñer balóns na área buscando ese empate, pero o Moraña estivo moi ben nas tarefas defensivas, facendo que o 0-1 fose o resultado definitivo e acadando o pase.

Agora, a final a dobre partido coa S.D. Salvaterra. A prepararse e a dalo todo!!!

Ficha Técnica

U. Sampayo: David, Fernando, Adrián, Jose, Alberto, Jose, Jesús, Jose, Andrés, Sergio e Borja. Tamén xogaron Raúl, Édgar, Sergio, Luis e Javier.

Moraña C.F.: Caba, Lucas, Rober, Salva, Celso, Xoel, Jonathan, Pablo, Santi, Chima e Ferro. Tamén xogaron Anxo, Borja, Héctor, Oli e Isma.

Goles: 0-1 Oliver (min. 79).

Compárteo!

Deixa un Comentario