Gran esforzo dos nosos Senior nun campo moi complicado

Visita do noso Primeiro Equipo á Xunqueira de Pontesampaio, campo complicado e que lembra ao fútbol doutras épocas. Un partido totalmente condicionado polo terreo de xogo de terra, e que fixo que ámbolos conxuntos tiveran que adaptar o seu xogo a esta circunstancia.

Saíron os nosos a buscar un fútbol máis directo que de costume, moi enchufados e sendo superiores no primeiro tramo de encontro a un Sampayo que saíu un chisco durmido. Non foron ocasións manifestas pero sí situacións claras as que tivo o Moraña nos primeiros 45 minutos, pero que non se traduciron en goles. O marcador ao descanso, non se movía, co 0-0 inicial.

Na segunda parte, e co paso dos minutos, o Sampayo deu un paso adiante e meteu aos nosos un chisco atrás. O feito de estar máis acostumados ao seu campo e a ese estilo de xogo fixo que os locais comezaran a xerar perigo cada vez máis claro, buscando as espaldas da defensa e os segundos balóns. O Moraña defendeuse como puido neste segundo acto e sobre todo no último tramo do encontro, sofocando este asedio e resolvendo ben na maioría dos casos. Tiveron tamén algunha opción os morañeses, pero tralo pitido final, resultado inicial: 0-0.

Gran traballo dos Senior, que traen un punto dun campo moi difícil e ante un rival moi duro como local. Seguimos sumando!! Próxima parada, Puentearnelas. Ánimo!!

Ficha Técnica

U. Sampayo: David, Fernando, Raúl, José, Alberto, Daniel, Saúl, Borja, Jose Miguel, Jesús e Sergio. Tamén xogaron Luis, Edgar, Ayoub, Fontán e Asfa.

Moraña C.F.: Caba, Héctor, Borja, Salva, Rober, Celso, Ferro, David Alexander, Castillo, Velay e Chima. Tamén xogaron Xoel, Lorenzo, David, Fabio e Miguel Zas.

 

Compárteo!

Deixa un Comentario