• Os nosos conseguen rescatar un punto nos minutos finais.

  • Boa resposta do Moraña para lograr empatar un partido que se chegou a poñer moi complicado.

Novena xornada do Grupo Pontevedra de 2ª Futgal na que o Moraña visitou Vilagarcía para enfrontarse ao U.D.S.M. Deiro.

O Moraña visitaba Vilagarcía coa necesidade de sumar puntos, logo de varias xornadas sen aumentar a puntuación na táboa clasificatoria. Empezaba mal o encontro, xa que o equipo local poñíase por diante no marcador moi cedo. E poucos minutos despois anotaría o 2-0 que poñía o encontro moi complicado. Os nosos non se viñeron abaixo e lograron reducir a distancia cun gol pouco antes do descanso. Co 2-1 os xogadores tomaron o camiño dos vestiarios.

Na segunda parte, o Moraña apretou buscando o gol do empate. E foi a 5 minutos do final cando se lograría a igualada para poder rescatar polo menos un punto. Con este resultado non logramos ascender ningún posto na clasificación pero pode ser un bo punto de inflexión para cambiar a dinámica dos últimos encontros.

A vindeira xornada visitará O Buelo o S.D. Monteporreiro.

FICHA TÉCNICA

U.D.S.M. Deiro: Raúl Conde, Eddy Insúa, David Señoráns (Daniel Feijoó, 90′), Rubén Pazos (Alejandro Janeiro, 90′), David Rial (David Dacosta, 58′), David Fontán (Adrián Dios, 58′), Pablo Rodríguez, José Antonio Fernández, David Falcón (Sergio Paz, 66′), Sergio Parracho e Alejandro del Valle.

Moraña C.F.: Henrico Medeiros, Gustavo de Aguiar, Rubén Candal (Paulo Miote, 46′), David García (Godfrey Apeh, 66′), Javier Pazos, Damián Pereira, Breno Santos, Antonio Waldemar, Emanuel Cordeiro (Ángel David Núñez, 86′), Levi Pereira (Rodrigo Cor, 90′) e Luis Eduardo.

Goles: 1-0 David Falcón (min. 11), 2-0 David Falcón (min. 20), 2-1 Antonio Waldemar (min. 41), 2-2 Breno Santos (min.85)

Árbitro: David Fernández. Amonestou a David Señoráns polo Deiro. Sen amonestados por parte do Moraña.

Compárteo!

Deixa un Comentario