-
Os nosos caen derrotados no desprazamento a Tui.
-
Resultado contundente no que acusamos moito as numerosas baixas en defensa.
Xornada 20 do Grupo V da 1ª Autonómica na que o Moraña visitaba Tui para enfrentarse ao Tyde F.C.
Partido no cal o equipo local foi dono de gran parte do encontro e que logrou encarrilar ben co primeiro gol antes de chegar ao cuarto de hora de xogo. O Moraña fixo tentativa de igualar o encontro pero con moito ímpetu e pouco acerto. Con este resultado chegouse ao final da primeira parte.
Trala reanudación, outro novo golpe do Tyde para poñer o 2-0 no marcador nada máis arrancar o segundo período. Este gol fixo dano a nivel psicolóxico e os nosos non lograban chegar preto da portería rival. E xa nos últimos minutos, un novo gol do equipo local poñía o definitivo 3-0 no marcador.
O vindeiro domingo tocaranos recibir no campo do Buelo ao U.D.C. Vilaboa para disputar a 21ª xornada de liga.
FICHA TÉCNICA
Tyde F.C.: Borja Santos, Eduardo Rodríguez, Ismael Lage (Adrián González, 85′), Diego Federico Martínez, Florentino Leiros, Arón Cancelas, Cristian Martínez (Jorge Solla, 66′), Sergio Aballe, Anxo Ramilo (Mario Fernández, 81′), Diego Rocha (Diego Rocha, 66′) e Juan Paramos (Aroldo Velloso Dias, 85′).
Moraña C.F.: Manu Carracedo, Jesús Losada, Rubén Candal, Fernando R. Novegil (Diego Pérez, 45′), Moha El Hamdaoui (Dani Fontán, 67′), David Dios, Álex Domínguez, Roi García (Leroy Ruegg, 67′), Josiño Pérez (Domi García, 67′), Sebas Cores e David García (Jonatan Da Silva, 75′).
Goles: 1-0 Anxo Ramilo (min. 13), 2-0 Cristian Martínez (min. 46), 3-0 Mario Fernández (min. 82)
Árbitro: Marcos Veiga, auxiliado por María Trinidad Pérez e Iago Reigosa. Amonestou a Anxo Ramilo, Ismael Lage e Jorge Solla polo Tyde e amonestou a Fernando R. Novegil, Roi García, Francisco Rodríguez e Diego Pérez polo Moraña.