• Segunda victoria consecutiva, remontando na segunda parte.

Nova xornada ligueira do noso Primeiro Equipo no municipal de Mirallos no que os nosos sumaron tres novos puntos. Recibían os de Miguel á S.D. Noalla nun encontro que se presumía moi igualado e competido, na liña dos que estamos a vivir esta tempada.

Os morañeses comezaron con dúbidas, cun Noalla que propoñía máis. Froito desta mellor posta en escena, chegou o primeiro gol, cando Óscar anticípase a toda a defensa no saque dun córner para anotar. Golpe duro para os nosos, que se tentaron repoñer a este mazazo xerando un par de ocasións antes do descanso, con Chima facendo perigo pola banda.

Moveu o míster morañés ao equipo neste receso, pasando a xogar con defensa de 3 e buscando remontar un encontro que se puxera costa arriba. A saída dos nosos nestes segundos 45 minutos foi moito mellor que na primeira parte, buscando portería e con moito máis empuxe. Este cambio de actitude fixo que se acadase a igualada só 5 minutos despois de volver ao verde, ao aproveitar Chima o rexeite do porteiro tras un lanzamento de falta de Velay. E o propio Chima lle daba a volta ao encontro no minuto 61, arrancando dende o centro do campo con moita potencia e definindo con moita tranquilidade no man a man. 2-1 nunha gran posta en escena nesta segunda parte.

Matou o encontro o Moraña co terceiro gol, obra de Kapi que remacha unha asistencia de Chima para pechar o 3-1. Era o minuto 69, e a pesar de que o Noalla non baixou os brazos en ningún momento e de que os nosos se relaxaron tras esta saída eléctrica o marcador non se moveu.

En resumo, cambio de actitude na segunda parte que fixo que os puntos quedasen en Moraña. Agora, 15 puntos no noso casilleiro que nos sitúan sétimos na clasificación. Próximo domingo, a pelexar en Bamio.

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Caba, Héctor, Velay, Salva, Rober, Xoel, Lucas, David Alexander, Castillo, Celso e Chima. Tamén xogaron Anxo, Borja, David, Kapi e Julián.

S.D. Noalla: Fernando, Jorge, Óscar, César, Borja, Sergio, Óscar, Carlos, Sergio, Antonio e Gonzalo. Tamén xogaron Christian, David, Jorge, Brais e Rey.

Goles: 0-1 Óscar (min. 21); 1-1 Chima (min. 50); 2-1 Chima (min. 61); 3-1 Kapi (min. 69).

Compárteo!

Deixa un Comentario