• O Moraña aproveita as súas ocasións para sumar tres novos puntos.

  • Esta victoria serve para manter ao equipo na «zona noble» da táboa.

Os nosos Senior recibían na tarde de hoxe ao F.C. Cruceiro nun interesante encontro. Trala victoria da semana pasada en Pontevedra, os nosos debían seguir sumando para non perder comba na clasificación.

O F.C. Cruceiro xogou a un bo nivel en Mirallos, mostrando bo xogo na faceta ofensiva, pero bastantes problemas na parcela defensiva. Aquí foi onde os nosos sacaron beneficio nun día no que o fútbol morañés non estivo coma outros domingos.

Abriu a lata Lucas no 28, cunha gran internada por banda, na que chega a liña de fondo e sorprende a Abraham cun centro chut ao primeiro pao, cando todos agardaban un pase atrás. Este gol deu un pulo aos nosos, que non tardaron en aumentar a diferencia. No 35, Ferro aproveita un mal rexeite interceptado por Chima para poñer o 2-0 e deixar o encontro encarrilado antes do descanso.

A segunda parte comezou cos nosos un chisco durmidos, feito que aproveitou Barreiro no 52 nun balón filtrado á espalda de Lucas para encarar e poñer o 2-1. Este gol rompeu o partido, que se quedou sen dominador claro e se volveu de ida e volta. O Cruceiro apurou as opcións sobre todo co balón parado e os nosos tentaban saír ao ataque cando podían combinando.

Finalmente no minuto 80, unha gran xogada de Héctor por banda, remata nun centro para que Ferro firmara o doblete e o definitivo 3-1. Con este gol os visitantes buscaron un fútbol máis directo, cos nosos atrás. Tiveron opcións de recortar cun bo disparo en área, que Caba resolve cunha boa man.

O Moraña puido firmar máis goles no último tramo. Pablo aproveitou un balón perdido do lateral para encarar, resolvendo ben Abraham. E o mesmo Abraham sacoulle o 4-1 a Celso cun pe maxistral.

Co pitido final, 3-1, e tres novos puntos para chegar aos 40. Próximo partido, o vindeiro domingo ante a S.D. A Lama. A preparse ben e a por todas.

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Caba, Lucas, Velay, Salva, Rober, Julián, Jonathan, Pablo, Santi, Chima e Ferro. Tamén xogaron Anxo, Héctor, Borja, David e Celso.

F.C. Cruceiro: Abraham, Luis, Jose, Albero, Antón, Arón, Rubén, David, Ángel, Sergio e Barreiro. Tamén xogaron Borja, Rodrigo, Alain, Jorge e Bruno.

Goles: 1-0 Lucas (min. 28); 2-0 Ferro (min. 35); 2-1 Barreiro (min. 52); 3-1 Ferro (min. 80).

Compárteo!

Deixa un Comentario