• Os nosos refanse tras un mal comezo e solventan con goles o encontro

Os nosos Senior enfrontábanse na tarde de hoxe ao C.D. Bamio, na 28ª xornada de Liga. O equipo non saleu moi entonado ao encontro, feito que aproveitou o Bamio para poñer aos morañeses en apuros. Malia ese perigo, non foron quen de perforar a meta defendida hoxe por Anxo.

Tras este primeiro tramo, o Moraña comezou a facerse dono do balón e do encontro, buscando combinar e atacar por banda. Abriu a lata Pablo, aproveitando unha internada por banda que finalizou a gol, poñéndo o 1-0 no 18. Só dous minutos despois, chegou o gol da tranquilidade, obra de de Santi, que poñía máis distancia e un 2-0 antes do descanso que encarrilaba o encontro.

No comezo da segunda metade, de novo Santi marcaba, poñendo un 3-0 que non sentenciaba pero si deixaba moi encamiñada a victoria. Pero chegou unha xogada desgraciada, na que Celso fai un penalti innecesario que transformou Roberto no 57, deixando dúbidas de se o Bamio podía ser capaz de sacar puntos do encontro.

O tempo que quedaba, cando o Moraña mantía o dominio, controlaba o encontro, pero en varios tramos o Bamio acadou por momentos ocasións que puxeron máis complicada a victoria. Máis ainda cando Velay veu a segunda amarela e os nosos quedaban con 10. Malia todo, incluso tiveron os nosos opcións de ampliar o marcador, pero non se moveu o o resultado final foi ese 3-1.

Sumamos con este tres puntos, 53, ocupando a cuarta plaza e cunha cabeza de liga que cada semana se apreta máis e que promete un final apaixoante. Próxima parada, Salcedo. Ánimo rapaces!!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Anxo, Lucas, Velay, Celso, Rober, Julián, Héctor, David Alexander, Santi, Chima e Pablo. Tamén xogaron Borja, Caba, Xoel, Ferro e Fabio

Moraña C.F.: Ramón, Pablo, Gabriel, Iván, David, Roberto, Ramón, Rubén, Ricardo, Samuel e Thomas. Tamén xogaron Santi, Alex, Yago, Xoan e Marcos.

Goles: 1-0 Pablo (min. 18); 2-0 Santi (min. 20); 3-0 Santi (min. 47); 3-1 Roberto (min. 57)

Compárteo!

Deixa un Comentario