• Victoria moi traballada e na que o equipo deixa moi boas sensacións.

Recta final desta liga de Segunda Galega, na que só restaban, co de hoxe tres encontros. O primeiro matchball para o Moraña xogábase hoxe en Mirallos, cun rival que pelexa por entrar nos postos que dan dereito ao playoff.

Os visitantes apostaron na tarde hoxe por abrir o campo, buscando aos extremos e o xogo por banda, buscando darlle balóns á dianteira para que finalizasen. Os nosos sairon tensos, conscientes da importancia do encontro, pero moi ordenados e entrando en xogo paulatinamente. A primeira ocasión foi do San Adrián, nun balón á espalda que recibe Juan e cuio remate atopa o longueiro.  A réplica non tardou en chegar, cunha internada en banda de Jesús que centra para que Santi estrele o balón tamén no longueiro. A balón parado o traballo morañés tamén foi bo, rematando todas as xogadas pero sen chegar a concretar. Malia que as ocasións caian por ambos lados, o marcador non se moveu nos primeiros 45 minutos.

Na segunda parte, o Moraña saiu durmido, perdendo o centro do campo nos primeiros minutos, pero entrando pouco a pouco no partido de novo. Por fin chegou o gol no 60, nunha xogada de Ferro por banda que pon un centro tenso ao centro da área para que Jesús remate á rede e poña o 1-0.

Este gol deu clara vantaxe no encontro aos nosos, xa que a pesares de que había ocasións, estas non eran claras, permitíndolle contemporizar.  No último tramo, unha tangana entre dous xogadores, rematou con Oliver e Guillermo expulsados. Con 10 os dous equipos e xa no desconto, David Alexander trenzou unha gran xogada personal, na que cede a Santi para que poña o definitivo 2-0.

Co pitido final, 3 novos puntos que quedan en Mirallos, e que lle permiten aos nosos colocarse en posto de ascenso directo a falta de dúas xornadas para rematar a Liga. Ánimo rapaces, quedan só dous escalóns!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Anxo, Lucas, Rober, Salva, Celso, Julián, Ferro, Pablo, Santi, Jesús e Xoel. Tamén xogaron Chima, Caba, David Alexander, Oliver e Jonathan.

S.D.C. San Adrián: Jacobo, Roberto, Juan, Allan, Rubén, Brais, David, Guillermo, Juan, Alejandro e Francisco. Tamén xogaron Adrián, Moisés, Román, Rubén e Sergio.

Goles: Jesús (min. 60); 2-0 Santi (min. 95)

Compárteo!

Deixa un Comentario