O Equipo Senior do Moraña C.F. recibía na tarde de hoxe á S.D. Puente Arnelas na terceira xornada da Liga de Terceira Rexional. Os morañeses xogaban de novo na casa, trala victoria da semana pasada e con toda a ilusión posta en lograr os puntos.

Os pupilos de Dani contaban coa baixa de Viti, sancionado pola expulsión da semana pasada.

O encontro foi dos que fan afección, cun ritmo altísimo posto polos dous equipos que non se daban un respiro, e que loitaron contra as inclemencias atmosféricas nunca tarde moi desapacible.

Tivo a primeira clara o Moraña, nos pes de Manu que non foi quen de rematar unha gran xogada colectiva no mano a man co porteiro, que sacou un pe in extremis. O Puente Arnelas buscaba unha e outra vez a espalda da defensa morañesa, pero un ben colocado Cabanelas unhas veces, e outras o bo facer da defensa, desbarataban as opcións.

No tramo final da primeira parte, o encontro rompeuse, con moito centrocampismo e opcións para os dous equipos que ningún dos dous logrou materializar. A pesar disto, chegouse co 0-0 ao descanso.

A segunda parte seguiu co mesmo ritmo e nivel alto. Os dous equipos deron un gran espectáculo, pero os goles non daban chegado. Foi o Moraña quen por fin logrou marcar, noutra gran xogada de fútbol combinativo na que por fin Damián da un pase medido a Manu que encara e esta vez sí, marca.

O 1-0 espoleou ao rival, que dende ese momento pelexou por lograr a igualada. Lográrono cando máis doe, no minuto 94 no saque dunha falta lateral onde tras un barullo no área, Damián establecía o empate.

Ao final reparto de puntos e unha lástima para os nosos, que tiñan os puntos ao alcance da man. De todos os xeitos, moi bo traballo e dous grandes partidos os xogados polo Moraña nestes dúas últimas semanas. A seguir nesta liña de traballo e a dalo todo.

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 1 – S.D. Puente Arnelas

Moraña C.F.: Cabanelas, Martín, Borja, Alberto (Lorenzo, minuto 80), Iago (c), Julián Rodríguez, Miguel Castro, David Fontenla, Damián Varela, Jesús, Manu Pinheiro (minuto 93 Rubén Fontenla).

S.D. Puente Arnelas: Martin (Alexis, minuto 63), Miguel, Víctor (Francisco J., minuto 78), Iago, Roi, Adrián Fernández (Xulián, minuto 54), Iván, Adrián Castro (Diego Gómez minuto 54), Rafa Álvarez (Iván minuto 73), Adrián Oubiña, Damián.

Goles: 1-0 Manu Pinheiro (minuto 56); 1-1 Damián (minuto 94)

Árbitro: D. Damián Pujales Souto. Amonestou polo Moraña C.F. a Damián Varela e pola S.D. Puente Arnelas a Rafa Álvarez e Iago Portas.

Compárteo!

Deixa un Comentario