Os máis pequenos da familia do Moraña C.F. viaxaban na mañán de onte a Poio, para xogar a segunda xornada da Liga Biberón que se organiza neste Concello e na que defendían a súa condición de líderes trala victoria na primeira xornada por 12 a 0.

Os nosos pequechos enfrontábanse ao SEK Atlántico nun vibrante encontro que tivo unha fase moi igualada ata que por fin se rompeu definitivamente. Marcaron os nosos moi cedo, por medio de Antón, e parecía que encarrilaba o encontro. Pero lonxe diso, a primeira parte foi moi igualada, cun SEK que se defendía con uñas e dentes e que propiciaba peligrosas contraataques. O resultado tan curto enchía de incertidumbre o encontro, pero xusto antes do descanso, Álex en xogada personal, facía o 0 a 2, que tranquilizaba aos nosos e desta vez sí, parecía que lles daba moitas opcións de victoria.

Na segunda parte, foron quen os nosos pequechos de aumentar a diferencia ata lograr un 0 a 6, marcando case ao final do encontro o gol da honra o SEK nunha xogada embarullada na área morañesa.

En definitiva, segunda victoria en dous partidos e o máis importante, paso adiante dos nosos biberóns na súa evolución. Noraboa aos peques e a seguir pelexando e aprendendo!!

FICHA TÉCNICA

SEK Atlántico 1 – 6 Moraña C.F.

Moraña C.F.: Anxo, Alex, Mauro, Fer, Antón, Mario, Marcos, Hugo e David.

Goles: Antón e Álex (5)

Compárteo!

Deixa un Comentario