Aos Infantiles escápanselle tres puntos que xa rozaban nos últimos dous minutos de partido na súa visita ao San Martín. Os nosos realizaron un bo partido, pero quizáis o cansancio fixo mella nos nosos no último tramo e acabaron pagándoo.

Adiantou ao Moraña Dani no 38 da primeira parte, fiel a súa cita co gol peinando un saque de banda, pero Wenlong empataba un minuto despois utilizando a arma que está condenando a este equipo: o contraataque. Con este empate se chegaba ao descanso.

Tralo comenzo do segundo acto, Rubén facía un gol «marca da casa», cun cañonazo dende 20 metros que se colaba na meta visitante. Con esta vantaxe pola mínima, os nosos quixeron temporizar un pouco, pero o San Martín, reforzado por varios equipos do seu equipo «A» apurou o tramo final para darlle a volta ao encontro. E logrouno cando máis doe: o empate fíxoo Luis no 78 e case co pitido final, Alexandru facía o definitivo 3 a 2. Todo un mazazo para os nosos.

Só lle queda aos infantiles seguir remando e traballando para superar este duro golpe. Ánimo e a comezar a semana con ánimo para afrontar o vindeiro encontro.

20160221140157

FICHA TÉCNICA

San Martín «B» 3 – 2 Moraña C.F.

San Martín «B»: Yago, Brais, Javier, Alejandro, Ismael, Weenlong (Carlos, minuto 48), Adri (Alexandru, minuto 68), Hugo (Piñeiro, minuto 59), Ismael, Víctor e Luis C. (Luis, minuto 41).

Moraña C.F.: Iván, Ismael, Pablo, Cristian, Rubén, Pablo Fraga (Jorge, minuto 53), David, Pereira, Edu, Raúl (Cela, minuto 63) e Dani (Pedro, minuto 73).

Goles: 0-1 Dani (minuto 38); 1-1 Wenlong (minuto 39); 1-2 Rubén (minuto 65); 2-2 Luis (minuto 78); 3-2 Alexandru (minuto 80)

Compárteo!

Deixa un Comentario