Segundo partido de Liga para o equipo Benxamín do Moraña C.F., no que visitabamos Pontevedra para enfrontarnos ao Salgueiriños.

Un partido no que os pupilos de Eloy pelexaron durante a primeira parte, pero no que se viñeron un pouco abaixo na segunda metade ata chegar ao marcador final de 10-0.

Paciencia e a seguir traballando. Estamos seguros que este equipo irá medrando segundo pasen as xornadas e irá competindo cada vez mellor. Como nota positiva, resaltamos o debut doutro prebenxamín, Rubén, que xa sabe o que é a Primeira Benxamín.

Moito ánimo e a seguir pelexando!!

FICHA TÉCNICA

Salgueiriños 10 – 0 Moraña C.F.

Xogaron polo Moraña C.F.: Brais, Aitor, David, Raúl, Jorge, Anxo, Alexandre, Aday, Aaron, Hugo e Rubén.

 

Compárteo!

Deixa un Comentario