Os infantiles do Moraña C.F. viaxaron na mañán de hoxe á capital do Lérez para enfrontarse ao Salgueiriños «B» na xornada sétima. Os morañeses afrontaban este partido con varias baixas que se supliron coa incorporación á convocatoria de tres xogadores alevíns (Dani, Anxo e Álex) pero con toda a ilusión de traer os puntos.

Os de Alberto García quizáis acusaron o madrugón de ter que xogar ás 10 da mañán desde domingo, pero tardaron moitísimo en entrar no encontro, e para cando o fixeron, xa tiñan unha montaña moi difícil de superar cun 2 a 0 no minuto 21. O primeiro gol ven dunha falta innecesaria na frontal realizada polos nosos que Manuel executa maxistralmente, e o segundo gol nunha xogada de estratexia realizada polo Salgueiriños e que pillou «durmindo» aos nosos defensas.

20151108114353Pouco a pouco o Moraña foi entrando no partido, dando un paso adiante e comezando a presionar máis arriba e recuperando en campo contrario. O último tramo da primeira metade foi un acoso e derribo por parte dos nosos, que tiveron o premio de acurtar distancias nunha gran xogada de Raúl que Diego mete en propia meta ao tentar evitar o tanto. Estiveron a punto de lograr o empate, pero chegouse co 2 a 1 ao descanso.

Tralo paso polos vestiarios, quedaban 40 minutos para darlle a volta ao encontro, pero antes do minuto 50, Vieira facía dous goles que casi sentenciaban o encontro, nos minutos 44 e 49. Estes dous goles pesaron moito nos nosos, que seguiron pelexando ata o final do encontro, recurtando Jorge de penalty no 69.

Bos tramos de fútbol dos infantiles no partido de hoxe, pero demasiado dispersos nalgún tramo do encontro, circunstancia que aproveitou ben o rival. Destacamos o bo papel dos tres xogadores de categoría alevín que participaron neste encontro.

A seguir traballando e a seguir competindo, Infantiles!

FICHA TÉCNICA

Salgueiriños C.F. «B» 4 – 2 Moraña C.F.

Salgueiriños C.F. «B»: César (minuto 67, Hugo), Manuel, Diego F., Miguel B., Vieira, Martín (minuto 67, Miguel), Gabriel (Vila, minuto 41), Diego G., Isaac, Juan (Alberto, minuto 51), Sergio (Mateo, minuto 41).

Moraña C.F.: Iván, Dani Fontán (minuto 56, Álex), Isaac (minuto 56, Dani), Sende, Rubén, Pablo Fraga (minuto 41, Jorge), Pereira, Edu, David, Cela (Anxo, minuto 46) e Pedriño (minuto 24, Raúl).

Goles: 1-0 Manuel, minuto 18; 2-0 Vieira, minuto 21; 2-1 Diego F. (p.p.), minuto 36; 3-1 Vieira, minuto 44; 4-1 Vieira, minuto 49; 4-2 Jorge (penalty) minuto 69.

Compárteo!

Deixa un Comentario