O Primeiro Equipo do Moraña C.F. viaxaba na tarde de hoxe á Rapeira (Portas) para enfrontarse á S.D. Romay na 10ª xornada de Liga. O equipo dirixido polo Chino afrontaba este encontro con ganas de seguir coa boa racha de resultados e de seguir fortes nos postos altos da táboa. Dende logo que o lograron, porque con estes 3 puntos, o Moraña é líder por primeira vez esta tempada.

Comezou o encontro cos plans claros por parte dos dous equipos. Un Moraña tentando trenzar o xogo e buscando a superioridade polas bandas, e un Romay que practicaba un fútbol directo, buscando chegar rápido á porta de Cabanelas. Abriu a lata Jesús no minuto 12, encarrilando o encontro para os nosos, pero logrou empatar José no minuto 20. Cando parecía que o empate ía ser o resultado ao descanso, Jesús fixo o 1 a 2.

Na reanudación, o encontro tivo que deterse durante 15 minutos, debido á grave lesión que se fixo na perna esquerda Fabio, do Romay. Dende o Moraña enviamos ánimos a este xogador para que a lesión sexa o menos grave posible e desexándolle unha pronta recuperación.

Non houbo moita historia trala volta ao xogo, e ao final dos 90 minutos, mantívose o 1 a 2 que fai ao Moraña líder da clasificación xusto antes do parón da semana que ven. Noraboa a este equipo, que da un primeiro paso pero ao que lle queda moito por diante. A seguir traballando así!

FICHA TÉCNICA

S.D. Romay 1 – 2 Moraña C.F.

S.D. Romay: Daniel, David, Manuel, Manuel A., Santiago (Ferreira, minuto 82), Jose , Rubén (Óscar, minuto 68), Rubén Salgado, Fabián (Rubén, minuto 50), Jose M. (Alejandro, min. 54), George.

Moraña C.F.: Cabanelas, David Fontenla Fernández (Borja Montáns, minuto 17 – David, minuto 82), Borja, Martín, Iago, David Fontenla Sánchez, Lorenzo (Julián, minuto 65), Miguel Zas, Breo, Jesús, Manuel.

Goles: 0-1 Jesús (minuto 12); 1-1 Jose (minuto 20); 1-2 Jesús (minuto 44)

 

 

Compárteo!

Deixa un Comentario