Os Xuveniles viaxaban na tarde de hoxe a Puente Arnelas, a enfrontarse co equipo local na quinta xornada ligueira.

Os nosos volveron á versión máis negativa mostrada este ano, e a pesares de que comezaron o encontro cunha ocasión clarísima de Brais que resolveu o porteiro local, pronto se veu a imaxe apática e de falta de competición que vimos nalgún encontro anterior.

Os de Javi Gañán non estiveron á altura do encontro, e dende que encaixaron o primeiro gol, baixaron os brazos e non pelexaron coa intensidade debida, feito que aproveitou o equipo local para poñer terra de por medio e chegar ao descanso cun claro 4-0 no marcador.

Joel fixo o gol da honra dos morañeses, que para máis pegas viron como ata catro xogadores finalizaron o encontro lesionados de distinta consideración: Alex, Damián, Brais y Ferro. O máis preocupante foi o acontecido con Álex, que recibiu un golpe nas costelas polo que tivo que ir ao Hospital, pero que ao final quedou só neso, nun golpe.

En resumen, partido para esquencer dos nosos, que deben volver a competir como fixeran nos dous encontros anteriores. Esa é a liña a seguir. Moito ánimo e a seguir traballando!

FICHA TÉCNICA

S.D. Puente Arnelas 6 – 1 Xuveniles

Xogaron polo Moraña C.F.: Jose, Cela, Álex Reboredo, Jorge Ferro, Jorge, Iago, Xian, Javi, Leis, Brais, Joel, Damián, Lobo, Gago e Marcos Fervenza.

Gol: Joel

Compárteo!

Deixa un Comentario