• Un Moraña moi comprometido, xogou un gran partido ante un rival moi correoso.

O noso Primeiro Equipo visitaba na tarde de hoxe Pontearnelas, para xogar ante o equipo desta localidade. Os rapaces de Miguel Villaverde saíron concienciados, buscando neutralizar ao rival, moi serios en defensa e buscando abrir distancias o antes posible.

O arranque foi bo, con ocasións por ambas partes pero máis claras pola parte morañesa. No minuto 20 abreu a lata Santi, aproveitando un gran servizo ao espacio de Velay e definindo con moita calidade ante o porteiro rival. Só 6 minutos despois chegou a xogada do 0-2, cunha xogada de pillería na que se saca un balón rápido dende o lateral e Santi anticipa a todos de cabeza.

Este segundo gol fixo que os nosos baixaran o pistón e o Puente Arnelas se viñera arriba. Malia todo, non se moveu máis o marcador nos primeiros 45 minutos, a pesares de que Santi gozou dunha ocasión clara e que incluso David fallou unha pena máxima que lle fixeron a Ferro.

Na segunda parte o Moraña pagou o feito de non haber matado o partido. Saliron os nosos un pouco desconectados, e o Puente Arnelas foi a por todas. Meteron ao Moraña na súa área e lograron igualar o encontro. Primeiro cun lanzamento de falta de Jose Ramón que desvía a barreira no 48 e nunha xogada de córner que remacha Alejandro no 58. Parecía incrible, que un partido que puido estar 0-3 ao descanso, estaba 2-2 a falta de media hora.

A reacción morañesa custou, xa que este segundo gol foi un duro golpe. Pero chegou esa reacción, nunha boa xogada  combinativa na frontal, Suso asiste a Ferro para facer o 2-3 e volver poñer o partido da nosa parte. Tras este gol moveu o banquillo o míster visitante, dando entrada a Kapi e a Celso buscando maior posesión e calmar un pouco o xogo. O Puente Arnelas, cun xogador menos, seguiu apretando e buscando balóns largos. Os nosos sufriron neste tramo, con segundos balóns perigosos e moita tensión. Pero por fin, no 88 Velay poñía a tranquilidade e certificaba os puntos cun golazo de falta dende a frontal. Camacho pechaba o definitivo 2-5 nunha contra case no desconto na que resolveu o man a man co porteiro cunha precisa vaselina.

A traballar ben durante a semana para recibir o domingo que ven ao Noalla.

 

Ficha Técnica

S.D. Puente Arnelas: Rubén, Miguel, Víctor, Roi, Alejandro, Jesús, Iván, Josua, Jose Ramón, Damián e Diego. Tamén xogaron Martín, Iván, Angelo, Breixo e Fabian.

Moraña C.F.: Anxo, Héctor, Velay, Salva, Rober, Xoel, Ferro, David Alexander, Santi, Chima e Suso. Tamén xogaron Camacho, Caba, Lucas, Celso e Kapi.

Goles: 0-1 Santi (min. 20); 0-2 Santi (min. 26); 1-2 Jose Ramón (min. 48); 2-2 Alejandro (min. 58); 2-3 Ferro (min. 59); 2-4 Velay (min. 88); 2-5 Camacho (min. 89).

 

 

 

Compárteo!

Deixa un Comentario