• Triunfo moi valioso nun campo moi difícil.

Encontro moi difícil o que debía afrontar o noso Primeiro Equipo, nun campo complicado como é o da Lanzada. Os nosos saíron coas ideas claras ao partido, buscando entrar por banda e lograr situacións de centro remate, mentres que o Noalla trataba de contactar co seu dianteiro e buscar segundas xogadas.

As ocasións comezaron a chegar para os dous equipos, aproveitando o Noalla as imprecisións na saída do balón do Moraña, e os nosos buscando ese fútbol máis dinámico e eléctrico. A ocasión máis clara foi unha boa xogada personal de Ferro que se vai dos rivais cunha conducción rápida e pon un centro para que David Alexander remate de primeiras, pero facéndoo fóra.

Respondeu o Noalla cunha xogada á espalda de Lucas, nun claro man a man que Anxo resolveu ben.

Na segunda parte, o Noalla con aire a favor, variou o plan, buscando máis a espalda da defensa morañesa e volvendo ter outro man a man claro que Anxo de novo volve a resolver. Santi tivo tamén unha xogada moi clara de gol, tras un balón largo de Celso que pica porriba do porteiro, pero saca un defensa sobre a liña.

Pero o único gol chegou no minuto 78. Rexeite preto da área que lle cae a Velay que golpea, queda o balón solto e Santi aproveita para poñer por diante aos nosos. Este gol foi un mazazo para os locais, xa que se lles poñía o partido moi costa arriba. O Moraña xogou intelixentemente o tramo que quedaba, contemporizando e defendendo e facéndose cunha nova victoria.

Tres puntos vitais para seguir en postos de playoffs e manter vivas as opcións de ascenso directo. Vindeira xornada, recibimos en Moraña ao C.D. Bamio.

Ficha Técnica

S.D. Noalla.: Jorge, Marcos, César, Borja, Óscar, Jose, Sergio, Antonio, Adrián, Gonzalo e Fernando. Tamén xogaron Juan, Sebas, David, Brais e Christian.

Moraña C.F.: Anxo, Lucas, Velay, Salva, Celso, Xoel, Pablo, Julián, Santi, David Alexander e Ferro. Tamén xogaron Borja, Caba, Héctor, Xian e Fabio.

Goles: 0-1 Santi (min. 78)

Compárteo!

Deixa un Comentario