Os Infantiles do Moraña C.F. viaxaron na mañán de onte a Pontevedra, para enfrontarse ao Monteporreiro na 15ª Xornada de Liga. Os morañeses afrontaban o encontro coa firme convicción de sacar os puntos, para afrontar con ilusión os dous últimos encontros desta volta ante equipos da parte alta da táboa.

O equipo de Alberto saliu ao encontro co seu traidicional ímpetu inicial, marcando cedo por medio de Raúl a pase de David no minuto 8. Igualou Ytiel, nunha rápida contra levada a cabo polo Monteporreiro no minuto 21. A reacción non tardou en chegar, e tras varias ocasións claras falladas, Dani aproveita un balón que rexeita o pao para facer o 1 a 2 co que se chegaría ao descanso.

Na segunda parte, o Monteporreiro volveu igualar o encontro, grazas a un gol de Sergio no minuto 5 da segunda metade. Raúl tras pase de Edu no 51 e David no 73 puxeron distancia no marcador e aseguraron os puntos para os morañeses, aínda que Ytiel acurtou distancias no último minuto de xogo.

Novena victoria dos Infantiles que se encaraman na cuarta posición da clasificación, bordeando as posicións de Play-Off de ascenso a falta de dúas xornadas para acabar a primeira volta con dous enfrontamentos ante rivais da parte alta da clasificación. Ánimo e a seguir pelexando!

FICHA TÉCNICA

S.D. Monteporreiro 3 – 4 Infantiles

S.D. Monteporreiro: David (Alberto ´41), Diego, Sergio, Alejandro, Maquieira (Javier ´53), Ytiel, Jose María, Daniel, Carlos, David, Nerea (Nichola ´41) e Gabriel.

Moraña C.F.: Jorge, Isma, Isaac (Iván ´60), Sende, Rubén, Pablo, Pereira, Edu, David, Raúl, Dani (Pedro ´67).

Goles: 0-1 Raúl (minuto 8); 1-1 Ytiel (minuto 21); 1-2 Dani (minuto 25); 2-2 Sergio (minuto 45);  2-3 Raúl (minuto 51); 2-4 David (minuto 73); 3-4 Ytiel (minuto 79).

Compárteo!

Deixa un Comentario