O Primeiro Equipo do Moraña C.F. viaxou na tarde de hoxe a Monte Redondo, para enfrontarse ao S.D. Chispa. Os morañeses debían vencer para non perder comba cos primeiros clasificados e seguir pelexando polas dúas posicións de ascenso directo. O comezo foi fulgurante, cun doblete de Damián nos primeiros 20 minutos, que encarrilaba o encontro. O gol de Juan, por parte do Chispa poñía algo de incertidume xusto antes do descanso, co que se chegou con ese 1 a 2.

Na segunda metade e con só esa vantaxe dun gol, a incertidume do resultado seguía a estar viva ata que por fin, Juan facía un gol en propia meta no 60 e Miguel Zas facía o definito 1-4 no minuto 60. Tres puntos importantísimos para os nosos, que os manteñen na terceira posición da táboa a 3 puntos do Poio e a 4 do Bamio, que ostenta o liderato.

A vindeira semana, o noso primeiro equipo recibe ao Xil, nun interesante encontro para seguir coa persecución da cabeza. Moita sorte e a seguir pelexando!

FICHA TÉCNICA

S.D. Chispa 1 – 4 Moraña C.F.

S.D. Chispa: Álvaro (Rubén, minuto 76), Juan, Adrián, Eloy, David, Ferro, Adrián, Miguel, Luis (Esteban minuto 76), Jose A. (Mario, minuto 48), Iván.

Moraña C.F.: Caba, Julián, David (Iván, minuto 3 – Óscar, minuto 69), Alberto (Martín, minuto 87), Iago, Camacho (Miguel minuto 78), Damián, Viti (Borja, minuto 83), Capi, Jesús e Manu (Miguel Zas, minuto 60).

Goles: 0-1 Damián (minuto 4); 0-2 Damián (minuto 21); 1-2 Juan (minuto 40); 1-3 Juan p.p. (minuto 60); 1-4 Miguel Zas (minuto 66)

Compárteo!

Deixa un Comentario