Os Cadetes do Moraña C.F. adiantaron o encontro do día 2 de Xaneiro para a mañán de hoxe, xogando en Monte Redondo ante a S.D. Chispa.

Os pupilos de Celso Diz viaxaban a este encontro con moita ilusión por facerse cos puntos, pero quizáis o feito de xogar tan cedo (11 da mañán) e ter que madrugar, fixo que entraran ao encontro fríos, sen ritmo e perdidos. Esto aproveitouno o encontro local, que se adiantou no mínuto 20 por medio de Joaquín. O dominio nestes primeiros 40 minutos foi do Chispa, chegando o Moraña en xogadas e balóns illados, pero pouco a pouco foron entrando no encontro. O último arreón da primeira parte xa mostraba a melloría, pero non se concretou en goles e chegouse co 1 a 0 ao descanso.

Tralo paso polos vestiarios, os nosos cadetes medraron no partido e fixéronse donos do xogo. Apretaron ao rival case sen darlle opcións e dándolle a volta ao dominio. Froito deste empuxe, nestes segundos 40 minutos, foron quen de darlle a volta ao encontro. Fervenza aproveitou un rexeite para facer o 1-1- no 45, e tras varias ocasións non finalizadas, case co pitido final, Adrián no último suspiro fixo o 1 a 2 aproveitando outro rexeite.

Victoria in extremis dos Cadetes, que logran a quinta victoria da tempada e sitúanse con 17 puntos na táboa clasificatoria. O próximo sábado, viaxan a xogar contra o Unión Dena. Moito ánimo e a seguir nesta liña!!

FICHA TÉCNICA

S.D. Chispa 1 – 2 Moraña C.F.

S.D. Chispa: Guillermo (Ángel, minuto 73), Eric (Borja, minuto 70), Jose, David (Rubén, minuto 61), Román (Ramiro, minuto 50), Eire, Joaquín, Óscar, Juan Manuel, Óscar Oubiña (Daniel, minuto 50) e Andrés.

Moraña C.F.: Manu (Saúl, minuto 41), David, Roberto, Iván, Andrés, Martín (Pablo Ares, minuto 68), Adrián, Hector (Fervenza, minuto 43), Marcos, Manuel (Alejandro, minuto 66) e Ismael (Pablo, minuto 61).

Goles: 1- 0 Joaquín (minuto 20); 1-1 Fervenza (minuto 45); 1-2 Adrián (minuto 80)

 

Compárteo!

Deixa un Comentario