• Quinta victoria consecutiva para afianzarse nas plazas de Promoción

Viaxe a Pontecaldelas dos Senior, buscando puntos nesta boa racha que están a vivir os nosos rapaces. E, de novo, tres puntos que viaxan para Moraña. Partido que puido parecer plácido polo resultado, pero foi un enfrontamento que se tivo que traballar durante os 90 minutos.

Adiantáronse os nosos con gol de Salva no minuto 12, poñendo o 0-1 que non se moveu durante os primeiros 45 minutos. A base de tesón, acadaron os Senior o segundo trala pausa, por medio de Ferro no 54. Este 0-2 xa desnivelaba bastante o encontro para o lado morañés, pero sen que se puideran confiar. Non sería ata o 83 que se pechaba totalmente, cando Ferro firmaba o seu doblete e poñía o definitivo 0-3, resultado final. Tres puntos máis, cos que os noso Primeiro Equipo xa suma 24 e se mete de cheo na loita pola promoción.

Próxima semana, recibimos ao Figueirido C.F. A traballar duro!!

Ficha Técnica

S.C.D. Puentecaldelas: Óscar, Fran, Bruno, Pedro, Antonio, Martínez, Gabriel, Pablo, Victor, Raúl e Fraguas. Tamén xogaron Jacobo Garrido, Jacobo Pereira, Caio, David e Damián.

Moraña C.F.: Caba, Lucas, Velay, Salva, Rober, Pablo, Ferro, David Alexander, Kapi, Chima e David. Tamén xogaron Anxo, Héctor, Julián, Fabio e Borja.

Goles: 0-1 Salva (min. 12); 0-2 Ferro (min. 54); 0-3 Ferro (min. 83).

 

 

Compárteo!

Deixa un Comentario