• Partido correspondente á xornada 6 que fora aprazado pola inundación do campo do Pontecaldelas.

  • Os nosos lograron poñerse 0-3 a favor pero o equipo local conseguiu empatar o encontro.

Sexta xornada do Grupo Pontevedra de 2ª Futgal na que o Moraña visitou Pontecaldelas para a disputa do partido aprazado pola inundación do campo de fútbol tralo desbordamento do río Verdugo.

Pontecaldelas 3-3 Moraña

O Moraña C.F. visitaba Pontecaldelas tratando de continuar a dinámica positiva das últimas xornadas. O encontro comezou de forma favorable para os nosos, xa que conseguiron poñerse por diante no marcador. No minuto 34, Breno facía o 0-1, e antes de chegar ao descanso, Javi Pazos ampliaba a vantaxe para ir máis tranquilos ao descanso.

Na segunda parte, a situación melloraba cando, no minuto 51, Levi anotaba o 3-0 que parecía pechar vitoria do Moraña. Con todo, o Pontecaldelas non se rendiu e iniciou unha intensa loita por reducir distancias. A reacción non se fixo esperar, e en menos de 10 minutos lograron anotar 2 goles que poñían o 2-3 no marcador.

Aos 83 minutos de partido chegou o derradeiro mazazo cun novo gol do equipo local. Os nosos non conseguiron manter a vantaxe e tiveron que conformarse cun empate, despois de deixar escapar unha vantaxe de 0-3.

FICHA TÉCNICA

S.C.D. Pontecaldelas: Jesús Amoedo, Damián López, Samuel Silvoso, Jacobo Pereira (Daniel Malvar, 70′), Plácido Pillado, Raúl Garrido, Adrián Francisco, Jacobo Garrido, Julio Rodríguez (Manuel Loureiro, 70′), Luis Carlos Amoedo e Pablo Rodríguez.

Moraña C.F.: Henrico Medeiros, Gustavo de Aguiar (Rodrigo Cor, 84′), Rubén Candal, Paulo Miote, Rafael Paiva (Luis Eduardo, 73′), Javier Pazos, Damián Pereira, Breno Santos (Godfrey Apeh, 84′), Ángel David Núñez (David Pereira, 84′), Emanuel Cordeiro e Levi Pereira.

Goles: 0-1 Breno Santos (min. 34), 0-2 Javi Pazos (min. 45), 3-0 Levi Pereira (min. 51), 1-3 Plácido González (min.58), 2-3 Plácido González (min.66), 3-3 Raúl Garrido (min. 83)

Árbitro: Marcos Emilio Abalde. Amonestou a Samuel Silvoso, Jacobo Pereira, Pablo Rodríguez e Plácido Pillado. Expulsou por doble amonestación a Luis Amoedo por parte do Pontecaldelas. Por parte do Moraña os amonestados foron Damián Pereira, Emanuel Cordeiro, David Núñez e Godfrey Apeh

Compárteo!

Deixa un Comentario