A categoría xuvenil do Moraña C.F. viaxou á Ribadumia na mañá de hoxe para enfrontarse ao Ribadumia «B» na 14ª xornada ligueira. Os pupilos de Javi Gañán repuxéronse a un mal comezo de partido no que os locais chegaron a poñerse por diante cun 2 a 0 grazas a un doblete de Salvador xa no minuto 19 aproveitando indecisións na defensa morañesa.

Pero o equipo reaccionou ben nos segundos 45 minutos, salindo neste segundo acto convencidos das súas posibilidades. E cun tanto de Rober no 50 e outro de Javi no 71, acadaron o empate no marcador.

Reparto de puntos nesta visita dos xuveniles, bo traballo pola súa parte. A seguir pelexando!!

FICHA TÉCNICA

Ribadumia «B» 2 – 2 Moraña C.F.

Ribadumia «B»: José (Iago, minuto 45), Adrián (Joel, minuto 56), Javier, Charlín, Luis, David, Sergio (Alberto, minuto 65), Manuel, Salvador (Xoel, minuto 65), Jorge (Francisco, minuto 75) e Michael.

Moraña C.F.:  José, Rober, Jorge, Francisco, Iago (Gabriel, minuto 70), Diego (Pedro, minuto 67), Javier, Leis (Adrián, minuto 56), Alejandro, Xian e David.

Goles: 1-0 Salvador (minuto 5); 2-0 Salvador (minuto 19); 2-1 Rober (minuto 50); 2-2 Javier (minuto 71).

Compárteo!

Deixa un Comentario