Este Domingo disputose no Campo de Fútbol de Mirallos o Torneo polo 50 Aniversario do Clube. Os equipos participantes foron o Portas, o Atlético Cuntis e por suposto, o Moraña.

O primeiro partido enfrontou ao Portas e ao Cuntis, con victoria para ese último por 1-2. A continuación, entrou en liza o Moraña, que venceu ao Portas por un resultado de 6-0. Marcaron David, Borja, Cholo, Chima e Castillo (2).

O último encontro, co Trofeo en xogo, disputose entre Moraña e Cuntis, con victoria para os nosos por 2-1 nun encontro moi reñido. Adelantouse o Moraña por medio de Jhonny, empatarían os visitantes e só 5 minutos despois, volveríase a adelantar o Moraña no marcador, ao transformar David un claro penalti cometido sobre Davor.

Foron estes encontros que, ademáis de para levantar o Trofeo, serviron para seguir coa preparación de cara ao primeiro encontro de Liga o vindeiro 8 de Setembro ante o Zacande.

O vindeiro encontro preparatorio será ante o Beluso, de Rexional Preferente o mércores 14 de Agosto en Mirallos, ás 21:00 horas.

 

Compárteo!

Deixa un Comentario