E.F. Portero 2.000 «B» 5 – 1 Benxamíns

Visita dos nosos Benxamíns na mañán do sábado ao Manolo Barreiro de Pontevedra para xogar o seu encontro ligueiro ante o Portero 2.000 «B». Un encontro no que os locais saíron con moita forza, poñéndose rápido por diante no marcador e ir con vantaxe de 3-0 ao descanso. Recurtou Héctor para os nosos rapaces, pero con goles de Carlos e Aingeru, o resultado final foi de 5-1 e os puntos quedaron na capital do Lérez. Bo traballo e a seguir rapaces!!

Ficha técnica

E.F. Portero 2.000 «B»: Alatz, Olivia, Aingeru, Alberto, Carlos, Izan, Luis, Roque, Ainara, Yáñez, Adrao, Álex, Montes e Brais.

Moraña C.F.: Lucas, Diego, Xabi, Brais, Manuel, Dani Enzo, Xoel, Breixo Oubiña, Fabio, Héctor e Borja.

Goles.: 1-0 Roque (min. 6); 2-0 Aingeru (min. 7); 3-0 Alexander (min. 20); 3-1 Héctor (min. 34); 4-1 Carlos (min. 41); 5-1 Aingeru (min. 44)


Marcón At. «B» 3 – 5 Xuveniles

Primeiro encontro desta segunda fase da Liga, e os nosos Xuveniles seguen na boa liña que marcaron na primeira. Nesta primeira xornada recibiron ao Salcedo no Buelo. Un encontro que encarrillaron rápido cos goles de Abel, Pablo Mouriño e Leroy antes do minuto 20. Un gol en propia meta de Rubén parecía dar esperanza aos visitantes, pero Pereira no 30 deixaba o marcador nun claro 4-1 antes do descanso.

Na segunda metade os nosos non baixaron o pistón, e con goles de Pablo Grande e Lucas, a vantaxe xa era de 6-1. Pedro fixo outro gol para os visitantes e no último tramo Chenlo e Pereira de novo deixaron o electrónico no definitivo 8-2. Bo traballo, rapaces!!!

Ficha técnica

Moraña C.F.:  Iván, Rubén, Abel, Alex D., Pereira, Pablo Grande, Domi, Pablo Mouriño, Leroy, Isma e Dani. Tamén xogaron Chenlo, Lucas, Hugo e Damián.

S.C.D. Salcedo:  Yago, Dani, Manu, Capelo, Youness, Nelson, José, Pablo, Brais, Miguel Á. e Leo. Tamén xogaron David, Pedro, Méndez e Escarda.

Goles: 1-0 Abel (min. 4); 2-0 Pablo Mouriño (min. 9); 3-0 Leroy (min. 17); 3-1 Rubén p.p. (min. 22); 4-1 Pereira (min. 30) 5-1 Pablo Grande (min. 50); 6-1 Lucas (min. 62); 6-2 Pedro (min. 65); 7-2 Chenlo (min. 75); 8-2 Pereira (min. 89).

Compárteo!

Deixa un Comentario